CRITERIOS DE APLICACIÓN A PROCESOS LEI 20/2021
-
Valoración dos méritos á data da convocatoria ACEPTADAS ALEGACIÓNS UGT
-
Computan só os SERVIZOS como TEMPORAL(funcionario interino ou laboral temporal ou indefinido non fixo), prestados no mesmo grupo, escala ou categoría profesional obxecto da convocatoria.
-
Valoración superior dos servizos prestados na Xunta ou nos seus entes instrumentais (2/1) fronte ao resto das administracións, no mesmo grupo, escala o categoría de persoal obxecto da convocatoria ACEPTADAS ALEGACIÓNS UGT
-
Elimínanse da baremación os seguintes apartados: inclusión en listas de contratación temporal e conciliación, por seguridade xurídica e axilidade nos procesos.
-
Nos procesos establécese o carácter ELIMINATORIO e PREVIO da proba de acreditativa do coñecemento da lingua galega ACEPTADAS ALEGACIÓNS UGT
-
Nos procesos de concurso-oposición establécese que se realizará un só exame tipo test para os subgrupos C1, C2 e AP. Solicítase que os exames para os subgrupos A1 e A2 sexan tamén tipo test, non resten as preguntas negativas, e se contemple a puntuación conxunta das probas a realizar.
-
Os méritos irán referidos ao órgano convocante. A DXFP convocará os procesos selectivos incluídos no 45.a da Lofaxga (prazas de persoal funcionario ou de persoal laboral incluído no ámbito de aplicación do V Convenio colectivo único da Xunta de Galicia), e a DXFP NON convocará os procesos selectivos incluídos no 45.b da Lofaxga nin tampouco os que afecten a persoal do 45.a da Lofaxga aos que non lle sexa de aplicación o V Convenio, por ter convenios propios de aplicación ACEPTADAS ALEGACIÓNS UGT
-
Baremación procesos:
-
CONCURSO-OPOSICIÓN (A fase de oposición será o 60% da puntuación e fase de concurso o 40%).
-
CONCURSO (A baremación dos méritos terá unha puntuación total de 100 puntos. Méritos profesionais ata un máximo 70 puntos e outros méritos ata un máximo de 30 puntos (formación, galego e superación de probas de procesos selectivos). UGT solicita aclaración da inclusión das distintas accións formativas valorables e a posibilidade de que poda acadarse o máximo entre os tres subapartados, con puntuacións por apartado superiores ao total establecido.
-
-
Aprobación de bases comúns, previa negociación coas organizacións sindicais, e publicación no Diario Oficial de Galicia.
-
Incompatibilidade da compensación económica e a adquisición da condición de persoal funcionario ou persoal laboral.
-
Destinos con carácter provisional, ata resolverse o correspondente concurso de traslados previo.
-
Non se pode acadar máis dun posto en propiedade, aínda que sexa en distintas escalas ou categorías profesionais, tanto na Admón Xeral como nas súas entidades instrumentais.
-
Permanecer en servizo activo un mínimo de dous anos dende a toma de posesión antes de concedérselle excedencia por interese particular ou servizos no sector público.
PREMENDO NESTA LIGAZÓN ATOPAREDES AS DERRADEIRAS ALEGACIÓNS PRESENTADAS POR UGT