Sectores

Reunión Buzóns e Baremos Lei 20/2021


BUZÓNS:

Comunican que as 77 prazas que se inclúen nos buzóns da Lei 20/2021, de procesos selectivos finalizados ou en vías de finalización son:

  • Corpo Superior A1: 5 prazas máis 30 de Titulado Superior (I-004).

  • Titulado Superior Médico (I-002): 1

  • Titulado Superior Veterinario (I-005): 12

  • Titulado grao medio (II-007): 5

  • Asistente Social (II-17): 2

  • Auxiliar gravación. Oficial/a 2ª linotipista. Auxiliar administrativo/a. Oficial 2ª administrativo/a. Técnico/a auxiliar en informática. Operador/a máquina elemental. Auxiliar (IV-001): 22.

CADRO DE RESPOSTA ÁS ALEGACIÓNS DAS OOSS AOS BUZÓNS:

Refiren que:

Está enviada parte das respostas, porque falta por remitir a parte correspondente ás alegacións realizadas dos postos dos Entes Instrumentais, nos próximos días remitirase.

Remitirán, tamén, a listaxe de Entes Instrumentais aos que lle corresponde realizar a convocatoria, tanto os correspondentes ao artigo 45.b da LOFAXGA, como a aqueles outros que teñen convenio propio (exemplo o IGAPE).

SEAGA: están a analizar todas as posibilidades e opcións e solicitan opinión das Organizacións Sindicais.

No mes de setembro constituirase un grupo de traballo técnico, con persoal da DXFP e das OOSS, ao obxecto de analizar todas as alegacións presentadas, concretando unha a unha, para aclarar as dúbidas xurdidas ao respecto da inclusión ou non nos buzóns correspondentes.

UGT CONSIDERA:

Esperamos a entrega dos buzóns das alegacións ás prazas dos Entes Instrumentais.

Atopamos que no buzón remitido moitas das nosas alegacións teñen a observación “non temos datos”, “non existe o código”, solicítase aclaración.

Noutras alegacións, entendemos que pode haber erros nos códigos facilitados polas persoas interesadas, precisan aclaración, sen esquecer as prazas que carecen de código por non estar incluídas en RCP, e que se deberan definir claramente e visualizar na convocatoria cun código creado ao efecto en RPT.

Prazas de SEAGA, mantemos o manifestado nas últimas xuntanzas, considerando que se trata dunha subrogación “tácita”, que non expresa, e en tanto que as prazas na maioría dos casos son anteriores ao ano 2016, entendemos están afectadas pola adicional sexta ou oitava, debendo incluírse a totalidade das mesmas nos procesos.

BAREMOS:

  • Remitirán unha listaxe cos Entes Instrumentais que serán convocados por Función Pública e os que convocarán de forma independente. Seguirán o seguinte criterio:

  • Convocarán os propios Entes, nos seguintes casos:

    • Empresas e Fundacións.

    • Os que teñan convenio colectivo propio.

    • As peculiaridades, sobre o baremo xeral, entenden que non serán demasiadas, serán en todo caso adaptacións do xeral, podendo atender a circunstancias como a supresión de algúns dos parámetros a valorar, como a inclusión en listas, alí onde non existen, ou probas selectivas onde non se realizaron.

  • Trátase de procesos que o que pretenden é a diminución da temporalidade, que en ningún caso se poden converter en promoción interna ou concurso de traslados encubertos.

  • Sobre o número de anos, a súa proposta está feita sobre 25, pero non teñen inconveniente en rebaixar a 20.

  • Coeficiente multiplicador:

    • O obxectivo é o de valorar en maior medida o tempo traballado na Xunta de Galicia ou no Ente convocante, o coeficiente pode ser entre o 1,5 ou o 1,6, de tal forma que unha persoa con 15 anos de traballo, á que lle correspondería, se o baremo non cambia, 36 puntos ao aplicar o coeficiente, acadando 54 puntos totais. Consideran que o efecto do coeficiente limita o acceso de persoal doutras administracións públicas.

    • Non rexeitan a posibilidade de que en lugar de ir separado, poder incluílo na propia puntuación.

  • Entenden que as bases deben reflectir a imposibilidade de optar ás excedencias, de tal forma que non se poda obter como resultado do proceso máis dunha praza, articularase legalmente este suposto.

  • Sobre a porcentaxe, aínda que se analizou sobre o 60-40%, non están pechados a poder chegar ao 70-30%.

  • Tanto nos procesos de concurso como en concurso-oposición, incluiranse méritos de: formación, galego e conciliación.

  • Criterios de desempate: entenden que o de infrerepresentación de sexo e a antigüidade na administración convocante, na escala convocada son suficientes.

  • Opóñense á valoración de tempo traballado en categorías distintas á que se pretende o acceso, porque:

    • A redución da temporalidade, marcada pola norma, é no corpo, escala ou categoría convocada.

    • Consideran que complicará en exceso a xestión.

  • Valorarase só o tempo de traballo como persoal interino ou temporal, non como funcionario de carreira ou laboral fixo.

  • O que pretenden é o desenvolvemento de procesos simplificados dotados de seguridade xurídica.

  • O luns remitirán un documento para alegacións, incluíndo as cuestións tratadas hoxe, o prazo: 9 de setembro.

UGT CONSIDERA:

  • Que é fundamental dar resposta a todas as alegacións realizadas, mediante un documento que permita a súa análise. Esperamos a ver a nova versión para alegar o que consideremos non responde ás achegas realizadas.

  • Entendemos que segue sen aclararse, dentro do concurso-oposición a cuestión das porcentaxes da fase de concurso, na anterior reunión falouse do 35% de experiencia e 5% de formación, e no documento remitido consta o 32% e o 8%.

  • Non se plasma da redución e adaptación de temarios, simplificación do proceso, coa determinación do tipo e número de exames dos subgrupos A1 e A2.

  • Non se ten en conta a nosa proposta da división en 4 grupos de valoración da experiencia profesional. Admitindo pola nosa parte, que cando menos se separe a experiencia profesional na Administración Autonómica Galega e o seu sector público das experiencias en calquera outra Administración Pública (local, autonómica ou estatal).

  • No proceso de concurso, non se aclara a porcentaxe a aplicar si 60-40, 70-30, UGT, sen analizar o novo documento, seguimos a pensar que o adecuado é o 80-20, onde a experiencia pese en maior medida, como regula a Lei, no proceso selectivo.

  • Sobre a formación:

    • Seguen sen aparecer os cursos acreditados polo Ministerio de Educación, con referencia ás Cualificacións Profesionais.

    • Non hai distinción entre a formación impartida como docente e a recibida como discente.

  • Os méritos deben ser tidos en conta á data da publicación da convocatoria dos procesos en DOG.

  • Debe quedar claramente reflectido o carácter previo e eliminatorio, tanto das probas de galego como das probas físicas a realizar, de ser o caso.

  • Dende UGT, como vemos reflectido en baremos xa publicados por distintas AAPP, cremos que o máis axeitado para dilucidar os empates, xa que estamos ante un proceso de carácter único e excepcional, que debe ser a antigüidade total na Xunta de Galicia ou Ente convocante, e a continuación a puntuación acadada en cada un dos subapartados pola súa orde de prelación.

 

INFORMA-T

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.