Onte tivo lugar a reunión do Consello Reitor da EGAP, no que logo da exposición da súa Directora dos contidos da orde do día, e tras a primeira análise comparativa de datos con respecto ao Consello de xullo de 2021, arroxa as seguintes conclusións, que se expuxeron:
Destaca que a Formación inicial e en PRL ve reducido o seu aporte ao total de prazas ofertadas, dado que se pasa de 9 edicións a 2, diminuíndo sobre o ano 2021 un total de 403 prazas ofertadas. Sen ser este o foro competente sobre a cuestión, si enlazamos este apartado coa súa previsible causa, que entendemos que non é outra que a escasa resolución dos procesos selectivos, na Administración Xeral, o que sen dúbida ten como consecuencia esta redución de edicións e polo tanto de prazas. Esperamos que con case total seguridade, o último cuadrimestre se vexa incrementadas en atención á gran cantidade de procesos selectivos dos que se espera a súa finalización.
No campo da estatística, os números son claros e indican unha evolución positiva sobre a anualidade pasada, o que é motivo de felicitación á Dirección e ao equipo da EGAP, nos mesmos termos que sobre a cualificación outorgada polas persoas participantes nas accións formativas, nas enquisas correspondentes, onde destaca o alto grao de satisfacción nos parámetros medidos.
Sen dúbida o incremento en solicitudes, que reflicten os datos da memoria, ven fomentado pola inminente aplicación e desenvolvemento de procesos selectivos derivados da Lei 20/2021 de 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público. A súa necesaria implementación fai e fará, sen dúbida, que as persoas que se presenten aos procesos soliciten en maior medida que anos anteriores. Aproveitamos esta intervención para reclamar, aínda que non é este o foro, á Dirección Xeral da Función Pública, como así o fixemos nas alegacións correspondentes, que se teña en consideración como data de cumprimento dos méritos alegados, nos procesos selectivos, o da convocatoria correspondente.
Sobre as cuestións que UGT considera no “debe”, podemos indicar as seguintes:
- Hai un ano UGT indicábamos a escasa programación de formación nas Consellerías de Política Social e a de Medio Rural, consideramos que os cursos están excesivamente focalizados en determinados colectivos de ambas Consellerías, esquecendo ou non atendendo todos ou á maior parte dos colectivos das mesmas. Trasladarémolo aos coordinadores de formación que corresponda dentro das propias Consellerías.
- UGT considera necesaria a programación de cursos de actualización e reciclaxe de contidos de determinadas accións formativas, que permitisen renovar os coñecementos actualizados en materias de cursos xa realizados. O anterior, en atención a non posibilidade de realizar cursos xa superados.
- Son varios os Consellos nos que UGT ven reclamando a negociación de criterios de acceso e selección do alumnado dos cursos. A inmensa maioría das queixas achegadas polo persoal empregado público radica precisamente na falta de transparencia dos parámetros medibles e como resultado da mesma certa impotencia de ver como as solicitudes de cursos non son atendidas satisfactoriamente, á par de que hai “afortunados” que si realizan varios cursos na mesma anualidade, cando décimos varios podemos falar de máis dunha ducia de curso na mesma anualidade, cuestión que non parece procedente.
O anterior, merecendo unha reflexión, fai que instemos á Secretaria Xeral da EGAP a que se convoque ás Organizacións Sindicais, presentes neste Consello a fin de tratar a cuestión e poder acordar criterios e procedementos de selección, equilibrados, consensuados, públicos.
- Sobre os cursos de autoformación, consideramos que merecen unha atención diferenciada e específica, atendendo á súa propia idiosincrasia que os fai máis atractivos para o persoal, derivado da simplificación de tarefas que leva o seu desenvolvemento. Sendo que a súa esixencia de baremación, segundo semella se emparella na porcentaxe requirida para a aprobación dos mesmos, coa teleformación, deberíase de concretar certos aspectos que os situasen en igualdade, na súa realización, por situala en termos de paridade con esta última.