Sectores

Medidas de selección e provisión de postos de difícil cobertura. MS 13/07/2022


 SERGAS presenta unha proposta de Réxime extraordinario e transitorio de acceso a postos e difícil cobertura de persoal estatutario especialista en ciencias da saúde.

book 3101151 340

O SERGAS xustificando as necesidades asistenciais actuais e a escaseza de profesionais, pretende, nos próximos 3 anos, convocar procesos selectivos específicos e excepcionais polo sistema de Concurso para postos de difícil cobertura de Feas dos hospitais comarcais de Cee, A Babanza, A Mariña, Monforte de Lemos, Verín, O Barco de Valdeorras e O Salnés.

Persoal facultativo especialista de atención primaria, pediatra de atención primaria e persoal especialista de incorporación previsto no anexo 3 do Plan de Saúde Mental de Galicia Poscovid-19 (2020-2024), que engloba as categorias de Psiquiatra, Psicologo e Enfermeira-Enfermeiro especialista en saude mental.

O persoal seleccionado nestes concursos deberá incorporarse de modo efectivo e permanente ao servizo activo nestes postos. Non poderá participar en concursos da súa categoría e especialidade, ou sistemas de promoción interna ou provisión de prazas doutra categoría ata que non acredite dous anos de permanencia na situación de servizo activo na praza adxudicada en concurso.

Este persoal, poderá solicitar o grao I de carreira profesional cando acredite tres anos de servizo no destino con grao inicial correspondente á categoría e/o especialidade. Esta medida excepcional aplicarase ata a convocatoria de acceso aos graos de carreira do ano 2027.

Os servizos prestados en CEE, A Mariña, Monforte, Verín e O Barco computarán o triplo. 

UGT-SERVIZOS PUBLICOS, solicitamos que esta mellora na puntuación estendésese ao H. do Salnés e A Barbanza. Igualmente, solicitamos que a puntuación adicional e mellora de carreira estendésese a todas as categorías de persoal deficitario.

Ver/descargar pdf

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.