A carga burocrática que soportan os docentes foi variando, incrementándose como consecuencia dos sucesivos cambios lexislativos na nosa historia recente, que repercutiron substancialmente no traballo diario dos docentes, acumulándose sucesivamente numerosos documentos tanto de xestión como pedagóxicos. O novo modelo educativo por competencias e máis individualizado que propón a LOMLOE tamén esixirá do profesorado unha maior dedicación ás devanditas tarefas, polo que o docente ten menos tempo para a preparación das súas clases; para adaptar as programacións didácticas ao contexto, á atención á diversidade e ao proceso de aprendizaxe e unha atención máis personalizada do alumnado; para facer unha avaliación continua real; para a creación e desenvolvemento de novos proxectos…
É algo xa estamos a sentir, pero agora imos poñerlle números. Descubre no noso boletín como está a afectarnos a nós como docentes e ós alumnos a sobrecarga burocrática no ensino.