O MINISTERIO DE FACENDA E FUNCIÓN PÚBLICA E OS SINDICATOS CCOO, UGT E CSIF MÁRCANSE COMO OBXECTIVO ACADAR UN NOVO ACORDO PARA O PERSOAL EMPREGADO PÚBLICO
CCOO, UGT e CSIF -sindicatos máis representativos da Función Pública- fixaron co Ministerio de Facenda e Función Pública un calendario para negociar un novo acordo no seo das Administracións Públicas e o sector público empresarial. O impacto do IPC sobre o soldo das empregadas e os empregados públicos é unha materia que se abordará nas próximas xuntanzas.
O proceso de diálogo tamén incluirá aspectos fundamentais para o futuro laboral das empregadas e os empregados públicos como son a dixitalización, a xubilación, a promoción interna, a mobilidade e a carreira profesional, entre outros.
Durante a xuntanza que UGT, CCOO e CSIF mantiveron, no marco da Comisión de Seguimento do Plan de choque para reducir a temporalidade nas Administracións Públicas, analizáronse os instrumentos para establecer os criterios para o desenvolvemento da nova lei sobre temporalidade. Estas mesmas cuestións debatéronse tamén o pasado día 19 no marco da Comisión de Coordinación de Emprego Público.
Os sindicatos pediron que o desenvolvemento dos procesos selectivos derivados da Lei 20/2021 deben ofrecer seguridade xurídica e garantir o principio de equidade para evitar que se produzan situacións lesivas para os e as aspirantes. É necesario, ademais, axilizar as convocatorias para que o proceso de estabilización nas Administracións Públicas acabe coa desorbitada temporalidade no sector público e ísta non supere a cifra máxima do 8%.