Sectores

Comisión de persoal


 

PROPOSTA DE MODIFICACIÓN DA RPT DA VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E TURISMO

UGT: Abstención.   CIG: En contra.         CCOO: Abstención. CSIF: A favor

Sentido do voto de UGT: Abstención motivada polo feito de que non fora tratada nas xuntanzas previas a modificación a debater na Comisión, centrada unicamente nun cambio na estrutura de postos resultante dunha xubilación. A urxencia formal desta situación implicou que non se tratasen os aspectos incluídos nas negociacións previas polo que decidimos adiar a nosa posición ata o vindeiro mes de setembro no que se nos convocará novamente a nova negociación de RPT máis completa.

PROPOSTA DE MODIFICACIÓN DA RPT DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE:

UGT: En contra.      CIG: En contra.         CCOO: En contra..   CSIF: En contra.

Sentido do voto de UGT: Existe destrución neta de emprego público. Os argumentos da Consellería para xustificalos pouco convincentes, nos que se argumenta un hipotético incremento da produtividade laboral froito dunha, por outro lado  inexistente, mellora nos medios e formas de relación coas persoas administradas. O certo è que desaparecen postos base e se incrementan «por enriba». Abusase en exceso das libres designacións, convertidas nunha ferramenta que desvirtúa considerablemente a súa lexitimidade.

PROPOSTA DE MODIFICACIÓN RPT POLÍTICA SOCIAL:

UGT: En contra.      CIG: En contra.         CCOO: En contra..   CSIF: En contra.

Sentido do voto de UGT:

Estamos ante unha ausencia real de negociación da RPT, tendo en conta que desde o 17/03/2021 ata a Mexa Xeral da semana pasada non houbo nin reunión nin contacto algún por parte da Consellería, froito do cal solicitamos na citada Mesa que este punto fora excluído da orde do día.

Non entendemos que en catro meses non se dera resposta as cuestións formuladas no escrito rexistrado por UGT o pasado 24 de marzo, no que ademais recóllense demandas incumpridas ao respecto do persoal laboral, do 27/06/2019.

Pola amortización de postos de escalas inferiores para a creación de postos de niveis superiores, en moitos casos considerados improcedentes segundo se recolle no informe da DX da Función Pública, por ser postos «non vacantes» que contan con titular, e a perentoria necesidade de abordar  unha análise e reforma integral da RPT da Consellería.

PROPOSTA RPT AGACAL

UGT: A favor                        CIG: En contra.         CCOO: Abstención. CSIF: En contra.

Manifestamos a nosa oposición á amortización de 47 postos (maioritariamente dos postos 14 ao 22) para a creación de 24, de nivel 25 ou superior, configurados como de provisión mediante libre designación. Entendendo ademais, que podendo compartir as necesidades de persoal de xestión administrativa e contratación, isto no é óbice para manter e incluso incrementar os postos de traballo necesarios para garantir o axeitado funcionamento e a «razón de ser» desta entidade instrumental da Consellería do Medio Rural.

Dentro dunha análise polo miúdo desta RPT ten que ter cabida unha revisión e homoxeneización dos pluses do persoal, que solucione a problemática discriminatoria actual e evite a continua xudicialización das reclamacións deste persoal.

Por outro banda, temos que mencionar as facilidades negociadoras ea rápida resposta ás nosas peticións por parte dos responsables da entidade, así como, os compromisos verbais adquiridos con nós ao respecto da realización nos vindeiros meses, dunha mesa de negociación de pluses e dunha revisión completa da RPT, dando resposta á integración do persoal do extinto INGACAL e ás necesidades reais de persoal da entidade.

MODIFICACIÓNS DO ACORDO DE 1 DE ABRIL DE 2008 SOBRE AS CONDICIÓNS DE TRABALLO DO PERSOAL FUNCIONARIO PERTENCENTE AO SUBGRUPOS A1 E A2 DA XUNTA DE GALICIA QUE PRESTAN SERVIZOS NO SPIF:

UGT: A favor.                      CIG: A favor.             CCOO: A favor.         CSIF: A favor.

Sentido do voto de UGT: Estamos ante un acordo froito da negociación coas Organizacións Sindicais que supón un primeiro paso para a substitución do actual que ven do ano 2008 e que logo da mobilización do colectivo da lugar á consolidación de melloras sobre o mesmo. O carácter transitorio do acordo que se aproba hoxe debe ser a base para continuar afondando en melloras das condicións de traballo do persoal empregado público do colectivo de afectación.

MODIFICACIÓN DA RPT DA CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE.

UGT: En contra.      CIG: En contra.         CCOO: En contra.    CSIF: En contra.

Sentido do voto de UGT: Inexistencia dun compromiso formal por parte da Consellería, aínda que seguiremos insistindo, para cando menos establecer un calendario que permita cubrir as prazas vacantes. Non hai un compromiso claro e foi demandado sistematicamente polo noso Sindicato para converter en estruturais os postos de orientadoras/es nas Oficinas de Emprego.

O esforzo pola negociación por parte da Administración foi respondido de forma proactiva e posibilista pola UGT que instou a Consellería a reanudar conversas no vindeiro mes de setembro para abordar unha reforma de RPT integral.

MODIFICACIÓN DA RPT DA CONSELLERÍA DE SANIDADE.

UGT: En contra.      CIG: En contra.         CCOO: En contra.    CSIF: En contra

Sentido do voto de UGT: Consideramos que existiu unha ausencia total de negociación efectiva, e que pola contra a Consellería dedicouse ao intercambio de correos con nula capacidade e interese receptivo das propostas realizadas, cando menos por esta organización.

A Conselleria debería ter afondado na apertura de postos, considerando escasa a proposta realizada. Debería terse realizado unha revisión de niveis de determinados corpos e escalas que na actualidade configuran ás en situación pouco atractiva para a súa ocupación, motivo polo que evidentemente se atopan na circunstancia que da lugar a argumentación utilizada pola Consellería para proceder á apertura, pero que veremos si da os froitos desexados.

Solicitabamos que as prazas de xefaturas de servizo, tanto de alertas epidemiolóxicas como de control de riscos ambientais das Xefaturas Territoriais fosen provistas mediante Concurso, cando menos Específico, e se suprimise a provisión por libre designación, non foi aceptado.

ROGOS E PREGUNTAS:

  • Puntos retirados da orde do día sobre as Ordes de funcionarización de BBFF e XXBB:

Están traballando para establecer a posibilidade de que aquelas persoas con praza de 9 meses en destino definitivo, que ocupan provisionalmente en adscrición temporal de 12 meses que está vacante, que neste caso se cambien os postos nos que se funcionarizarían para que a persoa poda funcionarizarse con carácter provisional.

Así se establecería na base da convocatoria nese posto que está ocupando de 12 meses. Esperan poder remitilo o antes posible para a convocatoria da Comisión de Persoal da semana que ven. Consideran que pode establecerse a voluntariedade e opcional sobre a decisión de funcionarizarse na praza de 12 ou manter a funcionarización na praza de 9 que tamén se convertería en praza de 12 meses.

  • Nota aclaratoria da concorrencia de concurso e promoción interna:

Remitiuse ás OOSS un texto de nota aclaratoria, dan prazo para recibir alegacións ata mañá para que a información estea colgada na web de FP para publico coñecemento. O criterio con carácter xeral establece que se respectaría a praza obtida por concurso si é a de maior grupo e podería tomarse posesión con carácter definitivo.

  • Concurso de traslados de corpos xerais:

Está estudiándose a solución máis axustada xuridicamente ás bases da convocatoria.

  • Funcionarización do persoal fixo-descontinúo:

Mirarán si a situación da funcionarización deste persoal corresponde ou non en atención ao redactado no Acordo de concertación.

  • Realización de exercicios:

Ata a semana do 20 de setembro non haberá ningún exame, os primeiros serán de Estatística A1 e A2, inmediatamente despois empezarían xa os seguintes de C1, C2 e funcionarización, anunciarase cando se teña as autorizacións correspondentes de Saúde Pública.

  • Promoción interna de AXI e Augas de Galicia:

Remitirán os textos en setembro para a súa negociación

  • RPT de Consorcio:

Aténdese a petición de adiar a entrega das alegacións ata o día 6 de setembro.

  • Plan de Igualdade:

Estase traballando no diagnóstico, a idea é ter rematado a toma de datos este mes para presentalo en setembro e empezar a traballar no Plan.

  • Datas de segundos exames de promoción interna de A1 e A2:

Mirarán de adialas o máis posible dentro do calendario xeral, ampliaranse os prazos o que situará as segundas probas a fins de outubro, aproximadamente.

  • Información de teletraballo:

Mirarán si é posible remitir este mes os datos ás Organizacións Sindicais.

  • Erros nas correccións de C1 e C2:

Preguntado ao respecto da posibilidade de sexa certas as informacións que nos chegan de que pode haber erros nas correccións, di que o consultará porque é a primeira noticia que ten e que se analice si hai algún erro, que non estrañaría polo elevado número de participantes que haxa moitas reclamacións.

  • Carreira profesional:

Antes das vacacións haberá unha reunión coas OOSS para analizar a situación. En todo caso garante que as persoas que a están a percibir continuarán percibíndoa porque haberá solucións xurídicas.

Informa_t_Comision_Persoal_27_07_21.pdf

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.