Sectores

UGT asina o acordo para reducir a temporalidade nas administracións públicas


 

Hoxe asinouse o Acordo Goberno-Sindicatos UGT, CCOO e CSIF, en materia de temporalidade nas Administracións públicas, unha reforma que aposta polo público, profesionaliza o modelo de emprego público, mantén a figura do persoal funcionario interino e vixía a súa adecuada utilización por parte da Administración, á vez que establece un marco flexible de seguridade xurídica no marco das Administracións estatal, autonómica e local.

O proceso de estabilización, que deberá estar resolto antes do 31/12/2024, afectará a todas as prazas de carácter estrutural, dotadas presupostaríamente, ocupadas de forma temporal e de maneira ininterrompida polo menos nos tres anos anteriores ao 31/12/2020 e que non incluídas nos procesos de estabilización xa convocados.

O Acordo adopta medidas preventivas obrigando a sacar a praza a provisión, convocar a OPE nun prazo máximo de 3 anos, e limita sen condicións a durabilidade da interinidade ata 3 anos. E en canto ás medidas sancionadoras, “consecuencia do abuso, establece a nulidade de pleno dereito, a compensación económica polo interino obxecto de conduta irregular, que non existía no noso país, a esixencia de responsabilidades disciplinarias, patrimoniais e penais para os responsables do nomeamento temporal irregular e facer que esa praza non poida volver ser ocupada se non é por persoal funcionario de carreira”.

 

Respectanse os principios de igualdade, mérito, capacidade, publicidade e libre concorrencia, e sen prexuízo da normativa propia de cada Administración ou específica, os procesos desenvolveranse a través de concurso-oposición, flexibilizando a fase de oposición coa redución de temas, prazos, acumulación de exercicios en un, dixitalización…; e na fase de concurso computarase maioritariamente a experiencia acumulada no corpo, escala, categoría ou equivalente e suporá o 40%.

Contempla unha cláusula social de recolocación de quenes non superen o proceso de estabilidade coas bolsas de interinos específicas ou a súa integración noutras xa existentes. Ademais quen non supere o proceso selectivo recibirá unha compensación económica de 20 días das súas retribucións fixas por ano de servizo, prorrateándose por meses os períodos inferiores a un ano, ata un máximo de 12 mensualidades. Ambas as circunstancias son acumulables.

As Administracións públicas poderán cubrir prazas vacantes con persoal funcionario interino en 4 supostos: cando non sexa posible facelo por persoal funcionario de carreira, por un máximo de 3 anos; por substitución transitoria dos titulares, durante o tempo estritamente necesario; para a execución de programas de carácter temporal, que non superarán os 3 anos de duración, ampliables por 12 meses máis, segundo o previsto no TREBEP, ou por exceso ou acumulación de tarefas, cun prazo máximo de 9 meses dentro dun período de 18 meses. De non ser así, a vacante incluirase na OPE do exercicio no que se nomeou ao persoal interino, e, se non fose posible, na do ano seguinte. Unha vez cumprido o prazo máximo de 3 anos, a praza só poderá ser cuberta por persoal funcionario de carreira.

O Acordo recolle a eventualidade de conduta irregular por parte da Administración de incumprimento dos prazos máximos de permanencia dará lugar a unha compensación económica equivalente a 20 días das retribucións fixas por ano de servizo do persoal interino, e esixencia de responsabilidade á Administración pública  incumpridora.

Aqueles ámbitos sectoriais que, como Educación, Sanidade ou outros, dispoñen de lexislación específica terán un prazo 1 ano para adaptar a súa lexislación ás previsións da reforma do  TREBEP. No ámbito da Administración Local introduciranse disposicións normativas para garantir os procesos de estabilización e a estes efectos, non serán de aplicación os artigos 8 e 9 del RD 896/1991, que establecen as regras básicas e os programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección do persoal funcionario da Administración Local

En setembro, Goberno e sindicatos acordarán un calendario de negociación para avanzar no resto de materias contempladas no TREBEP, así como noutras que redunden na mellora das condicións de traballo do persoal ao servizo das Administracións públicas, en especial, as relacionadas coa promoción interna, a provisión e a mobilidade.

Presentación do acordo sobre medidas en materia de temporalidade nas administracións públicas

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.