CONSIDERACIÓNS INICIAIS
Segundo os datos das RPTs publicadas na web da DX de Emprego Público e Administración de Persoal, son 866 postos de traballo cubertos mediante concurso específico. A provisión de ditas prazas tivo un procedemento completamente discrecional, e segundo os nosos datos soamente 243 teñen área funcional de cobertura. Unha nova regulación debería dotar de obxectividade o procedemento.
Na proposta remitida pola DXEPAP para esta reunión se estimaron algunhas alegacións de UGT en febreiro de 2025, no obstante no se estima ningunha alegación que regule con maior obxectividade o concurso específico, persisten criterios de discrecionalidade total. Moitos folios para máis do mesmo
CONVOCATORIA DE MESA
A DXEPAP abre un novo prazo de alegacións e incluirá este punto nunha Mesa próxima, que polo exposto, parece unha cuestión formal de xustificar reunións.
ALEGACIÓNS QUE REITERÁRA UGT
- Progresividade nun anexo coa planificación temporal das convocatorias de prazas a cubrir por concurso específico que suporán a á revogación das comisións de servizo atendendo a unha prelación de maior a menor antigüidade na súa concesión.
- Establecer a progresividade e planificación temporal dos concursos específicos de xeito coordinado entre Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal e as Secretarías Xerais Técnicas das Consellerías. Comezo por as prazas que teñen área funcional.
- As consellerías deberan realizar convocatorias de xeito sistemático e programado. As primeiras convocatorias serán no prazo improrrogable de un ano á publicación en DOG da presente resolución
- As dúas fases deberán gardar relación directa co perfil do posto que se vai prover, garantindo o respecto do principio de obxectividade, a fase de méritos deberá establecer puntuacións e a fase de memoria e unha exposición curricular tamén, e o peso de cada fase, senso moito maior a primeira fase de méritos. A proposta que formulan queda aberta a cada convocatoria e segundo estime cada Consellería.
- Contemplarse como segunda fase o que establece o artigo 90 da LEPG da existencia de test profesionais e da valoración de informes de avaliación ou outros sistemas similares, en lugar de memoria/entrevista.
- Contemplarse nos méritos a valoración do desempeño dun posto de traballo na mesma área funcional.
- Participación dos sindicatos nas Comisións de valoración.
Mantemos as primeiras alegacións rexistradas o 13 de febreiro de 2025, e reiteramos o 30 de abril os aspectos máis importantes, nunhas segundas alegacións co fin de que se tomen en consideración e se poidan acadar unhas bases de concursos específicos co maior consenso posible e a debida obxectividade e transparencia.