Sectores

Xuntanza de Función Pública coas OOSS sobre os criterios de estabilización


O Director Xeral expón que a oferta de emprego público extraordinaria da Lei 20/2021 incluirá entes instrumentais que están baixo o amparo do artigo 45 b da LOFAXGA, posto que lei afecta tanto ao ámbito da Función Pública como os Entes Instrumentais dependentes do sector público da Administración Autonómico, aprobándose e publicándose polo tanto nun só documento, pola premura de prazos e a comunicación ao Ministerio. Con este obxectivo remitíronse as prazas dos entes e organismos, revisarán si falta algún por remitir, pero con carácter xeral están a maioría xa enviados. Comunica que hai tamén entidades que certifican que non teñen prazas afectadas polos procesos derivados da Lei.

Continua referindo que se estimaron alegacións feitas pola OOSS ao primeiro borrador de criterios e estanse examinando prioritariamente todas as alegacións presentadas polas OOSS representativas da Mesa Xeral.

CRITERIOS DE DESENVOLVEMENTO DOS PROCESOS:

Estes baséanse con carácter xeral na interpretación que fai Función Pública da Lei 20/2021 e algunhas cuestións dos criterios orientativos aprobados pola Resolución da Secretaría de Estado de Función Pública, non obstante non se vai a establecer ningún criterio respecto á baremación dos méritos da fase de concurso do concurso-oposición nin tampouco do proceso selectivo vía concurso de méritos, sobre esta cuestión apartaranse da Resolución do Ministerio.

Respecto ás cuestións máis relevantes que se aceptan aportadas polas OOSS, apunta:

  • Concepto de ocupación ininterrompida:

Poderá considerarse ininterrompido aínda cando tivese lugar algún cambio na persoa temporal ou interina que ocupa a praza, sempre que volva ocuparse temporal e efectivamente nun prazo de tres meses. Inclúe as prazas das disposicións adicionais

  • Concepto de prazas de natureza estrutural

Faise referencia á Administración Xeral da Xunta de Galicia e dos seus entes instrumentais, incluindo as prazas ligadas a programas ou actuacións que non gocen de sustantividade propia e diferenciada da actividade ordinaria, con independencia de que as ditas prazas estean ou non incorporadas á correspondente relación de postos de traballo. Evidentemente incluiranse un número determinado de prazas aunque non existan os postos na RPT, tal e como establece a Lei 20/21 e os postos poderán ser creados antes da toma de posesión ou poderanse dar á elección de destino outros postos que estean nese momento vacantes ou ocupados por persoas que non cumpran os requisitos da Lei, polo tanto non é necesario que estean creados todos os postos con anterioridade.

  • Articulación das distintas ofertas de emprego público:

A oferta das prazas correspondentes á taxa ordinaria de reposición será de forma separada ás prazas derivadas da taxa adicional de estabilización. Haberá con posterioridade unha oferta ordinaria.

  • Prazas a tempo parcial e prazas con carácter fixo descontinuo

Nos casos de prazas de carácter descontinuo non se terá en conta o tempo no que a persoa traballadora teña o contrato suspendido aos efectos de determinar a ocupación ininterrompida da praza.

  • Compensación económica derivada da non superación dos procesos de estabilización

A redacción quedará posiblemente moi similar á que ten o Estado, sen establecer ningunha cuestión respecto á suspensión de chamamentos.

  • Prazas de persoal descontinuo de reforzo de Medio Rural:

Informa respecto as prazas creadas no ano 2019 na Consellería do Medio Rural, que veñen a cubrir o servizo prestado pola empresa SEAGA, que de continuar no Ente Instrumental debería serlles de aplicación no Ente os preceptos da Lei 20/21 e non en Medio Rural, si se aplicase a literalidade da norma. Pero neste caso o criterio que aplica a Administración é de incluír as prazas nesta ope extraordinaria, tendo en conta a antigüidade de servizos prestados en SEAGA, polos motivos extraordinarios que marca a propia lei, para reducir a temporalidade.

  • Incluiranse nos buzóns correspondentes as prazas recentemente creadas pola modificación da RPT da Consellería de Educación.

  • Irá recollido na OPE que en determinados supostos nos que se esixa con carácter xeral uns requisitos de probas físicas, non só nas prazas de Medio Rural, haberá as probas correspondentes igual que nos procesos selectivos ordinarios.

  • Estanse examinando prioritariamente todas as alegacións presentadas polas OOSS representativas da Mesa Xeral e nas Mesas de Negociación.

  • A OPE contemplará unha posibilidade, xa incluída na do ano 2021, que consiste en que sen modificar o número total de prazas da oferta, permitise modificar a escala, grupo ou categoría, si é que no momento da convocatoria se considera que existía un erro ou unha mala ubicación da escala ou categoría.

BAREMO DOS PROCESOS SELECTIVOS:

  • Os criterios que non levarán o baremo porque nestes momentos non existe xurisprudencia que habilite unha marcada diferenza valorando o tempo de traballo nesta administración sobre outras.

  • Debe contemplarse un baremo que se poda levar a cabo con certa axilidade que permitan rematar ao longo do 23 e no 24 os procesos.

  • En convocatorias anteriores modulouse unha certa diferencia por estar traballando na Xunta de Galicia fronte a outras administracións ou por desempeñar determinados postos, e é o que están valorando pero sempre garantindo a seguridade xurídica do proceso, sen dar pe a anulacións dos procesos. Debe manterse a xurisprudencia do TJUE, TS e TSXG ao respecto. En todo caso, entende que a valoración será a mesma en todas convocatorias

CONVOCATORIAS DOS PROCESOS DOS ENTES INSTRUMENTAIS E A BAREMACIÓN:

  • Estarían de acordo con “modular” o que permita a xurisprudencia nos servizos prestados na administración autonómica galega ou no sector público galego con carácter xeral ou tamén no seu caso, si convocase un ente determinado, nese ente determinado os servizos prestados nese ente.

  • Non teñen claro si é conveniente facer acumulación de prazas ou separar por entes modulando os servizos prestados nos entes en todas as categorías que son idénticas coas da administración xeral. Este tema, non estando claro consideran que non debe ir agora nos criterios. O de facer baremos á carta é difícil porque non se trata dunha convocatoria restrinxida.

Idioma galego:

Estase traballando coa Asesoría Xurídica para ver como se debe actuar, no suposto de esixencia do CELGA como requisito, é unha posibilidade aberta.

Titulación específica:

Copia literal do que pon o Estado na resolución do Ministerio. Inclúese pola afectación que ten no caso da Agrupación Profesional, non saben si se pode dar noutros supostos.

Eleccións de destino:

Con carácter xeral será provisional, salvo que teñan a resolución do concurso da escala correspondente, caso no que se faría á vez. A prioridade será o remate dos procesos dando oportunidade ao persoal funcionario de carreira a optar as prazas, verán de articular os procesos en paralelo.

BUZÓNS:

  • Inclusión das prazas de 6 meses de MR e de Edu.

  • O buzón continuará aberto e se poden facer alegacións ata o día que vaia a Consello da Xunta

  • As excedencias forzosas que teñen reserva de posto, considerase que non hai interrupción.

  • Enviarán as prazas da Lei 17 e esta semana pasarán tamén pola Mesa Sectorial de Sanidade.

  • Revisarán o buzón de CIXTEC por si hai algún erro.

  • CES fixo unha proposta de informe conxunto para ope separada, non habería problema por incluílo

  • FUNGA revisarán as prazas

  • Entes de Sanidade: revisarán as fundacións e empresas si as oferta SERGAS, senón fose así incluiríase aquí.

  • Están solicitados os cadros de persoal e os certificados, tanto en positivo como en negativo, a todos entes instrumentais que non constan no RCP.

  • En CGSIB mirarán a DA 8ª, dado que non aparecen prazas. Estase corrixindo a diferenciación entre a escalas de Educadores/as: infantil e social.

UGT manifestamos:

Valoramos algunhas das alegacións aceptadas, remitíndonos ao resto non aceptadas que difundimos, e de forma resumida apuntamos que:

  • Deixar clara a foto fixa que determina as prazas e que se explique a consideración engadido de vacante e cuberta temporal ao 31/12/2021.

  • Igual consideración ao persoal indefinido fixo por sentenza que ao que ten o recoñecemento administrativo ou equivalente situación.

  • As titulacións equivalentes que introduce no persoal laboral os criterios ministeriais teñen que ser tratados polos supostos que se dan de feito.

  • Si se mantén no concurso-oposición o exame eliminatorio, deberá aceptar nota de corte e que non puntúen negativo os erros

  • Tomas de posesión de traslados e OPE extraordinaria coordinadas.

  • Senón se inclúe os baremos, si debe garantirse que os criterios dos mesmos serán comúns e de aplicación en Admon xeral e Entes e para todas as convocatorias.

  • O galego non poderá ser requisito excluínte, pero si mérito de discriminación positiva, agora se introduce a proba física no concurso, pode entenderse que tamén se faga proba de galego?.

  • Publicar no DOG non nos parece comunicación suficiente de que se inclúe a praza na oferta.

O venres continúa a negociación co texto da oferta e tamén cos criterios de hoxe coas correccións anunciadas, polo que remitirán os criterios coas alegacións aceptadas para a reunión do venres.

 

INFORMA-T

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.