Sectores

Xuntanza Dirección Xeral Defensa do Monte


O día 5 de outubro as Organizacións Sindicais máis representativas no ámbito do SPIF vimos de manter unha xuntanza coa DXDM onde se trataron os seguintes puntos:

 

  • Compensación Extraordinaria dos excesos de xornada no período do 14 de xullo ao 31 de agosto: Dende a DXDM nos informan que antes de finais de ano procederán a compensar, de xeito extraordinario, ás prolongacións de xornada realizadas por todo o colectivo no período de referencia. A fórmula elixida será a compensación do 50% das horas de prolongación de xeito económico có valor de horas extras (valor da hora ordinaria multiplicado por 1,75 ou 2,25 se foron realizadas en domingo ou festivo) e o 50% restante en tempo de descanso coa aplicación dos mesmos multiplicadores. Para estas compensacións non se terán en conta as “H” das carteleiras e serán as realizadas por encima das 8 horas de traballo no caso do persoal laboral (no caso de ter acordado un horario distinto, teranse unicamente en conta as que superen a xornada diaria pactada), das 12 no caso de Axentes Forestais e das 24 horas de garda en canto ao persoal técnico. Durante os próximos días remitirán un resumo das horas realizadas así como o valor económico das horas por categorías profesionais.

 

  • Período de traballo persoal fixo descontinuo 9 meses: Informan que a data de cese de actividade do persoal de 9 meses será o 30 de novembro. Neste caso, xustifican a medida en que a previsión, a principios de ano, era que o persoal fixo descontinuo de 9 meses non suspendería a súa actividade no 2022 por mor do paso de ditas prazas a 12 meses e, polo tanto, estaría en activo no mes de novembro.. O retraso no proceso de funcionarización e o adianto na súa incorporación a principios do presente ano provocaría o seu cese de actividade a finais de outubro, e a DXDM considera necesaria a súa actividade durante o mes de novembro. Desde as Organizacións Sindicais solicitamos que a todos os fixos descontinuos se lle debería prorrogar os seus contratos, non so aos de 9 senón tamén aos de 6 meses, manifestando a nosa disconformidade co feito de non prorrogar os contratos do persoal de 6 meses.

 

  • Constitución mesa de traballo Dirección Xeral Defensa do Monte – Organizacións Sindicais: Acordamos a constitución dunha mesa de traballo de cara a avanzar en cuestións de importancia para o colectivo como por exemplo a modificación de quendas horarias distintas ás establecidas no Convenio Colectivo Único (traballo en días alternos). Neste senso quedamos emprazados xa para os días 18 e 25 de outubro.

 

  • Outras cuestións:
  • Solicitamos a retirada dos chamamentos de prazas vacantes en base ao acordo establecido entre as organizacións sindicais e a Consellería de ofertar as vacantes ao persoal propio en adscrición temporal/superior categoría. Confírmannos a anulación de ditos chamamentos.
  • Solicitamos a intercesión da Dirección Xeral ante Función Pública para que se axilizasen os procesos selectivos pendentes.
  • Solicitamos a unificación de criterios nas carteleiras de traballo das 4 provincias, entre outras cuestións a inclusión de 2 Libres Festivos a maiores dos 14 establecidos.
  • Solicitamos a inclusión das 548 prazas de bombeiro forestal de 6 meses nos procesos de estabilización derivados da Lei 20/21.

 

 

Descarga

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.