CARREIRA PROFESIONAL
A DXFP ven de confirmar que o TSXG desestimou a aclaración/rectificación da demanda presentada pola CIG. Polo tanto confirmouse que de momento quedamos todos e todas sen carreira profesional.
A DXFP vai estudar si a recorre diante do TS, pois a día de hoxe esta anulada no que atinxe ao pago, polo que tampouco está asegurado que vaiamos seguir cobrando.
En todo caso desde CCOO e UGT emprazamos a DXFP a:
- Que presente un novo texto para recuperar o pago da carreira profesional “boicoteada” pola CIG.
- Que inclúa o persoal interino e temporal, nos termos da mellora do acordo do 23 de xullo de 2019, aprobado co voto a favor de UGT e CCOO e co voto en contra dos que agora acoden aos xulgados para tratar de conseguir o que xa se podía obter vía negociación.
- Que o segundo grao extraordinario se pague con efectos retroactivos desde o 1 de xaneiro de 2021 e se dea cabida aos que cumpriron os requisitos desde o ano 2019.
Os que venderon que habían conseguido unha sentenza que recoñecía a carreira profesional a todos/as, terán agora que explicar porque o que conseguiron foi o contrario. Que ninguén cobre..
FUNCIONARIZACIÓN XEFES DE BRIGADA
A DXFP confirma que todos os Bombeiros Xefes de Brigada que teñan a convalidación do Ministerio de Educación, onde o título de Capataz Forestal se equipare a TÉCNICO, poderán en virtude do que recolle o EBEP, funcionarizarse no grupo C1.
Así mesmo a Lei de acompañamento recollerá unha disposición final, indicando que mentres no se desenvolva o grupo B, todos os Bombeiros Xefes de Brigada se funcionarizarán no subgrupo C1, mantendo as mesmas funcións que viñan desenvolvendo ata o de agora.
ACORDO RECUPERACIÓN DEREITOS PERSOAL CENTROS POLÍTICA SOCIAL
A DXFP adiantou que están dispostos a recoller as seguintes melloras:
- Considerar o 24 e 31 de decembro como 2 festivos máis para os que os traballen.
- Volver ás quenda diúrnas de 7-7 e ás diúrnas/nocturnas de 7-7-10.
- Considerar as “X” en carteleira, como días efectivos de traballo.
Desde UGT e CCOO valoramos positivamente, si se confirman, estas pequenas melloras, pero consideramos que despois de 11 anos son insuficientes, polo que seguiremos esixindo as compensacións por traballar en festivos e domingos e que se deixe de seguir aplicando recortes de dereitos vía Lei de Acompañamento dos orzamentos que nin se xustifican nin teñen razón de ser a día de hoxe.
EMENDAS A LEI DE MEDIDAS
A DXFP adiantou que ía tomar en consideración as seguintes emendas que lle presentamos:
- Nº 1 artigo 80 – Considerar o tempo anterior á funcionarización para poder participar na quenda de promoción interna e así non ter que esperar dous anos para poder participar nestes procesos
- Nº 3 artigo 102 – Mellora nas condicións de traslado por violencia de xénero.
- Letra a) do nº 2 do artigo 106 e o nº 5 do artigo 106 – Para adaptar o texto a modificación efectuada na Lei de impulso demográfico, no senso de que a referencia sexa a minoría de idade e non aos 12 anos
Con todo seguen as seguintes propostas sen concretarse:
- Artigo 80 – Promoción interna a corpos de subgrupos de clasificación non necesariamente inmediatamente superior, segundo o artigo 18 do TREBEP.
- Artigo 80 bis – Promoción interna temporal, para cubrir necesidades de servizo temporal, en termos parecidos ao recollido no estatuto marco do SERGAS.
- Artigo 100 – Control e seguimento das comisións de servizo.
- Artigo 124.1 – Ampliar os permisos retribuídos por nacemento, acollemento, garda ou adopción dun fillo/a ata as vinte dúas semanas.
- Disposición transitoria primeira – Clarificar sobre o complemento persoal de funcionarización na parte que corresponde ao apartado a) funcionarización: Que este complemento non é compensable nin absorbible, nin polas subas salariais que poidan producirse con carácter xeral para todos os empregados públicos, nin polo percibo do correspondente complemento de carreira profesional
- Disposición Transitoria Primeira – que se estableza a data do TREBEP, 5/2015 de 30 de outubro, para os efectos da funcionarización do persoal laboral fixo.
- Disposición Transitoria Primeira bis – Regular a “interinización” voluntaria do persoal laboral temporal, deixando aqueles que así o prefiran en prazas de funcionarios ocupadas por laborais temporais.
- Disposición Transitoria Oitava – Aclarar que a consolidación do grao do persoal laboral funcionarizado, se produce no nivel do posto que xa viña desempeñando, polo que non cabe aplicar o criterio de funcionario de novo ingreso.
- Disposición Adicional Oitava – creación escalas
- Axentes policía demanial, especialidade estradas e dominio público hidráulico, no subgrupo C2
- Gobernantia, especialidade Gobernante e subgobernante, no subgrupo C1, Titulación Superior en aloxamento ou equivalente.
- Axudantes técnicos educativos – para integrar aos coidadores III-099 da Consellería de Educación.
- Educador: crear dúas especialidades, separando a social da de educación infantil
- Enxeñeiros, crear a especialidade de enxeñería informática
- Disposición Adicional Novena – modificacións
- Escala Técnica de mantemento e servizos – incluír ciclo superior en automoción ou FP2 en mecánica e electrónica do automóbil.
- Corpo facultativo superior – na escala facultativa crear a especialidade de inclusión sociolaboral ou intervención sociocomunitaria.
- Corpo facultativo grao medio – o mesmo
Escala de axentes facultativos, especialidade animación sociocultural – por ser recente a nova titulación que habilita para o grupo B, que se permita a funcionarización deste colectivo no grupo C1, mantendo as mesmas funcións, como no caso dos Axentes e dos Delineantes.
OUTRAS CUESTIÓNS TRATADAS
- TEXIS – Titulación habilítante – manifestámoslle que segundo a DA 8º E DT 2ª do RDL 132/2010, a noso xuízo o persoal que a teña dita habilitación pode acceder a funcionarización. Quedaron de dar unha resposta na próxima xuntanza.
- Establecemento de criterios sobre o percibo de carreira profesional e complemento retributivo análogo – consideramos necesario establecer un listado de casuísticas sobre o cobro de ambos conceptos, tendo en conta que hai persoal que non pode funcionarizarse porque ou ben a súa categoría non o fai, ou por carecer de titulación, ou porque que a proposta da Administración pasa por baixar de subgrupo, etc….. Agardamos que na próxima xuntanza se poidan facer un catálogo que recolla os supostos, para información do persoal en xeral.
Seguen os avances, a pesar dos atrancos dos negacionistas e da lentitude da administración en desenvolver certos aspectos recollidos no propio acordo. Tanto é así que na súa inmensa maioría, eses “negacionistas do todo” participan nos procesos, logo e como conclusión sinxela cabe deducir que tan malo… tan malo … non debe ser, e se non que llo pregunten a os delegados e delegadas das organizacións “negacionistas”. Para contraste basta con revisar as listaxes de aptos da funcionarización.
UGT e CCOO anunciamos a presentación, esta semana, dun conflito colectivo ao respecto da reclamación de compensacións económicas para TODO O PERSOAL DA XUNTA DE GALICIA que presta servizos en DOMINGOS E FESTIVOS, amparado dito dereito no articulado da Lei do emprego público de Galicia.
NOTA_INFORMATIVA_conxunta_-_Xuntanza_comisión_seguimento_acordo_concertación,_04-11-21_(2).pdf