Sectores

Xuntanza comisión de seguimento. Acordo de concertación


UGT xuntanza comisión de seguimento

acordo de concertación

Na Comisión de Seguimento do Acordo de Concertación do Emprego Público de Galicia celebrada o día 9 de abril de 2021, os sindicatos asinantes do mesmo acadamos unha serie de acordos coa DXFP co obxecto de avanzar na execución das cláusulas do Acordo e que ademais veñen a aclarar dúbidas e resolver problemas relacionados cos seguintes temas:

  1. Inicio dos traballos sobre redución de xornada e compensacións no ámbito da Consellería de Política Social. Compromiso de iniciar o estudio da proposta do desenvolvemento dun plan para o establecemento doutras xornadas anuais inferiores para o persoal con xornadas a quendas, nocturnas ou especialmente penosas no ámbito da Consellería de Política Social.
  2. Aclaración sobre a continuidade das adscricións temporais no contexto da funcionarización. Sobre as recentes Instrucións da dirección xeral de Función Pública sobre as adscricións provisionais e a funcionarización: o DXFP afirma que se emitirán instrucións para a transformación das adscricións temporais que se estean desenvolvendo en comisións de servizo, de tal forma que aquelas continúen tal como foron concedidas sempre que se cumpran os requisitos para o seu mantemento. O resto de adscricións temporais poderán manterse vixentes, incluso despois do 30 de xuño.
  3. Concurso de traslados. Unha vez rematados os concursos de traslados que se estean desenvolvendo, convocaranse concursos de traslados empezando polas escalas de Política Social.
  4. Carreira profesional extraordinaria. Compromiso de abrir o prazo para solicitar o 2ªº Grao de carreira profesional e o 1º Grao extraordinario para todo o persoal que cumpra os requisitos.
  5. Determinación de criterios homoxéneos sobre a actuación dos tribunais de selección. Criterios homoxéneos para a actuación dos tribunais nos procesos de estabilización/consolidación en relación ás notas de corte e superación de fase de oposición.

CONCLUSIÓN.- Cando xorden problemas, mentres uns intentamos resolvelos para seguir avanzando na mellora das condicións dos traballadores e traballadoras desta Administración, outros, distorsionando a realidade, utilízanos en beneficio propio para espallar inquedanza e fomentar a confrontación. En definitiva, mentres uns tratamos de construír e avanzar, outros unicamente pretenden destruír e retroceder.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.