Sectores

Xuntanza coa Dirección Xeral da Función Pública acerca dos criterios de elección de destino do persoal do SPIF


 A Dirección Xeral da Función Pública presentou hoxe, nunha primeira xuntanza, a seguinte proposta para que as OOSS fixesen unha primeira valoración da situación e indicaran a súa postura sobre as distintas posibilidades existentes de oferta de destinos para cubrir a totalidade dos aprobados na Promoción Interna de 2016.

Os datos achegados oralmente por categoría, salvo erro u omisión, son os seguintes:

IV-33 (Condutor de motobomba): 30 aprobados

Dispoñibilidade de postos: 9 vacantes puras, 21 adscricións temporais, 10 postos ocupados por interinos de menos de seis anos.

V-10b (Vixiantes): 10 aprobados

Dispoñibilidade de postos: 1 vacante pura, 10 adscricións temporais, 9 postos ocupados por interinos de menos de seis anos.

V-10c (Emisorista): 10 aprobados

Dispoñibilidade de postos: 1 vacante pura, 13 adscricións temporais, 6 postos ocupados por interinos de menos de seis anos.

V-14 (Bombeiros): 13 aprobados

Dispoñibilidade de postos: 30 vacantes puras.

V-14a (Bombeiro-condutor): 22 aprobados

Dispoñibilidade de postos: 2 vacantes puras e 22 postos ocupados por interinos de menos de seis anos.

FeSP-UGT, despois de valorar a información presentada, SOLICITOU:

  • O destino ofertado ten que ter carácter provisional, suxeito a un posterior concurso de traslados. De tal maneira que, os postos non ofertados agora incluiranse con posterioridade para a elección dos destinos definitivos.
  • Que a oferta se cubra, por esta orde, con: vacantes puras, adscricións temporais ocupadas por persoal temporal, prazas ocupadas por interinos de menos de tres anos e finalmente, de ser o caso, prazas ocupadas por interinos de menos de seis anos.
  • O envío, despois das pertinente revisión tralas demandas comentadas polas OOSS, do cadro definitivo de postos ofertados no buzón, para a presentación das alegacións que se estimen pertinentes.
Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.