Na xuntanza mantida polos representantes de GAIN coas OOSS, no día de onte, ao respecto da presentación das prazas desta entidade instrumental afectadas pola Lei 20/2021, de cara á súa inclusión na OPE Extraordinaria 2022, indicouse o seguinte:
A Axencia Galega de Innovación (GAIN) ten un total de 51 prazas afectadas pola Lei 20/2021, 9 incluídas na súa RPT e 42 sen código de posto da axencia pero coa súa correspondente liña de crédito. Todas elas compren os requisitos para ser incluídas no buzón de postos a ofertar para a súa cobertura mediante Concurso de Méritos (prazas estruturais e non estruturais, ocupadas con vinculación laboral temporal ininterrompidamente antes do 01/01/2016 e ata o 31/12/2020, vacantes e dotadas presupostariamente), recollido na disposición adicional sexta da citada Lei.
DENDE UGT INDICAMOS O SEGUINTE:
- Entendemos que esta xuntanza tiña que ter sido convocada e realizada hai semanas, e en todo caso, con anterioridade á celebración da Mesa Xeral, celebrada o venres pasado.
- Valoramos positivamente a certificación realizada ao respecto da relación de prazas afectadas pola Lei, indicando o cumprimento dos requisitos establecidos na mesma e a súa dotación orzamentaria no capítulo I da axencia.
- Presentamos alegacións ao respecto das prazas da entidade incluídas na súa RPT, tendo en conta que:
-
- Por unha banda, a praza EIA110000215770029 ten que ubicarse no buzón 1 (concurso de méritos) e non no buzón 2 (concurso-oposición) publicados pola DXFP, que é onde figura ubicada.
-
- Por outra banda, as 5 prazas (EIA110000215770010/11/17/19/20), que figuran no buzón 1, deben ofertarse, xa que na actualidade figuran coas observacións “Convocado (estabilización)”. Solicitamos que saían todas as prazas ofertadas, xa que non se pode acreditar a súa convocatoria previa á entrada en vigor da Lei 20/2021.
- Finalmente, solicitamos como xa fixemos nas distintas reunións mantidas coa Dirección Xeral da Función Pública, que a convocatoria destas prazas poidera realizarse directamente pola entidade instrumental, aínda que está pendente de negociar na Mesa Xeral, por consideralo moito máis axeitado polo tipo de postos e as funcións desenvolvidas, e polo persoal que os ocupa ininterrompidamente dende hai máis de quince anos, na maior parte dos casos.