FSIE lanzou recentemente unha serie de comentarios malintencionados que é preciso aclarar: o mencionado sindicato culpa á UGT de asinar o Real Decreto-Lei que desactiva o Acordo da Xubilación Parcial no ensino concertado de Galicia. Ademais, outras OOSS semellan ter interese en «subirse ao carro» da demagoxia. Nada máis lonxe da realidade, o recente RD que afecta ás pensións foi ratificado cun amplísimo respaldo a nivel estatal e, por outra banda, existen firmes posibilidades de implementar unha solución para a Xubilación Parcial dos profesionais da concertada.
Asegurar a sostibilidade do Sistema Público de Pensións debe ser unha das prioridades políticas de todos os dirixentes políticos. Como medida política en tanto que organiza a nosa sociedade do benestar, trasládanse as iniciativas lexislativas a un espazo político, pero fóra das rivalidades dos políticos, como foi o Pacto de Toledo (cuxos inicios se remontan ao ano 1995).
No marco do Pacto de Toledo e do Diálogo Social xurdiu unha iniciativa lexislativa que tiña como obxectivo a sostibilidade do sistema público de pensións e que culmina coa recente aprobación do RD-Lei 11/24 do 23 de decembro, convalidado cos votos do PP, PSOE, SUMAR, Esquerra Republicana, PNV e dous compoñentes do Grupo Mixto, contando con 298 votos a favor e 51 en contra.
No eido social, dous grandes sindicatos apoiaron a actual normativa, CCOO e UGT, e das patronais maioritarias, CEOE e CEPYME (dentro das que se atopan integradas a maioría das patronais sectoriais, incluídas as do ensino).
Polo tanto, o Real Decreto-Lei que nos ocupa na actualidade, conta cun amplísimo respaldo político, sindical, empresarial e, en xeral, de toda a sociedade que pretende garantir a medio prazo a sostibilidade do sistema público de pensións. Como? Tratando de prolongar a vida laboral dos traballadores, incentivando a xubilación activa e aproximando a idade de xubilación real á idade de xubilación ordinaria, desincentivando a xubilación anticipada e as prexubilacións.
Para desincentivar a xubilación parcial con contrato de relevo condiciónase este contrato a que sexa a tempo completo, mantendo unha redución do 75% para o traballador que se prexubile. É unha condición restritiva e, na práctica, dificulta (pero non impide) que ás empresas lles interese prexubilar a un traballador.
En síntese, o recente RD-Lei 11/24 do 23 de decembro:
- Foi asinado polas patronais CEOE e CEPYME e polos sindicatos maioritarios UGT e CCOO. FSIE non asinou porque non está na Mesa do Diálogo Social. UGT pregúntase si FSIE poidese estar presente na Mesa… asinaría en contra de garantir a sostibilidade das pensións?As patronais do ensino non corroboran o que fixeron as dúas grandes patronais, formando parte delas?
- Foi convalidado polo 85,14% da cámara dos deputados. Incluídos os votos do PP.
O RD-Lei é incompatible co Acordo de Xubilación Parcial autonómico asinado en agosto de 2024, pero hai posibilidades reais de que haxa solucións para os profesionais do ensino concertado.
A UGT está traballando nesa solución e, como xa informamos por outras canles, a Administración está sendo receptiva para o diálogo e na búsqueda conxunta de medidas que readapten a Xubilación Parcial en Galicia. Próximamente poderían producirse avances importantes dos que informaremos na maior brevidade posible.