Ata o de agora, o persoal funcionario e estatutario era o único colectivo de persoas traballadoras en España que non podía acceder á xubilación parcial, a pesar de cotizar igual que o resto. Este acordo corrixe unha inxustiza histórica, derivada dos recortes aprobados en 2012 e amplía as opcións de xubilación destes traballadores e traballadoras, que poderán desvincularse da Administración Pública en función da súa idade e das súas circunstancias persoais.
Hoxe UGT-SP asinamos co Ministro para a Transformación Dixital e Función Pública o Acordo que concreta o dereito do funcionariado -incluído o pertencente ao Réxime de Clases Pasivas do Estado- e do persoal estatutario de acollerse á xubilación parcial anticipada.
Destacar que o acordo establece que a persoa a relevista que substitúa a quen se xubile parcialmente será sempre persoal funcionario de carreira ou estatutario fixo. As prazas necesarias para cubrir as xubilacións parciais estarán garantidas nas Ofertas de Emprego Público do mesmo ano. Este aspecto axudará a reducir a precariedade nas Administracións e evitará que se xeren novas bolsas de temporalidade inxustificadas.
UGT CUMPRE e estamos ante unha sinatura histórica, debido a que “foi un dereito reivindicado desde hai moitísimos anos polos sindicatos de clase” e hoxe, por fin, os empregados e empregadas públicas deste país, cando se modifiquen as leis que proceden para facelo efectivo, estarán equiparados cos mesmos dereitos que o resto de traballadores e traballadoras do noso país.
Este Acordo é unha evidencia mais de que o Acordo Marco para unha Administración do Século XXI continúa mellorando os dereitos das empregadas e empregados públicos. Seguiremos traballando para abrir a negociación sobre un novo acordo plurianual en materia de dereitos, emprego e retribucións do persoal empregado públicos que garanta a estabilidade no Sector Público, e demandamos especificamente un compromiso salarial cunha subida significativa que permita seguir recuperando poder adquisitivo perdido desde os recortes de 2012.