Sectores

XORNADAS GRATUITAS: PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

Convidámoste a participar na XORNADA de “Riscos psicosociais e xestión emocional para o persoal sociosanitario”.

Detalles:

  • Do 06 ao 13 de outubro de 2025.
  • Duración: 10 horas
  • Modalidade: En liña
  • Custo: Gratis

Os obxectivos xerais da xornada son os seguintes:

  • Analizar as causas e efectos dos riscos psicosociais no sector sociosanitario así como a efectividade da xestión emocional e outras ferramentas como estratexias para a súa prevención.
  • Identificar os principais conceptos e tipos de riscos laborais, e os seus indicadores de detección e avaliación.
  • Recoñecer os riscos psicosociais máis comúns dentro do ámbito laboral, e os efectos que  provocan.
  • Describir as funcións e competencias de intelixencia emocional necesarias para a prevención dos riscos psicosociais.
  • Avaliar diferentes ferramentas e estratexias para a prevención de riscos psicosociais dentro do ámbito laboral.

O programa que se levará a cabo no curso será o seguinte:

  • MÓDULO 1. PRINCIPAIS RISCOS PSICOSOCIAIS NO SECTOR SOCIOSANITARIO.
  • MÓDULO 2. INTELIXENCIA EMOCIONAL PARA A PREVENCIÓN DE RISCOS PSICOSOCIAIS.
  • MÓDULO 3. FERRAMENTAS PARA A PREVENCIÓN DE RISCOS PSICOSOCIAIS.

Preme aquí para inscribirte! 

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.