Convidámoste a participar no XORNADA de “A CARGA FÍSICA NO SECTOR DE RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS. PRINCIPAIS RISCOS E MEDIDAS PREVENTIVAS”.
Detalles:
- Do 28 de setembro ao 05 de outubro de 2026.
- Duración: 10 horas.
- Modalidade: Teleformación.
- Custo: Gratis.
O obxectivo xeral da xornada é avaliar e coñecer os riscos derivados da carga física no sector de residuos sólidos urbanos. Dentro dos obxectivos específicos atopamos:
− Identificar e analizar os riscos específicos que se presentan neste sector de actividade así como dar a coñecer as medidas de prevención asociados a ditos riscos.
− Proporcionar unhas normas de seguridade adecuadas para os traballos a realizar.
A xornada de sensibilización terá unha duración de 10 horas e o programa que se levará a cabo será o seguinte:
⇒ TEMA 1. FACTORES DE RISCO: CARACTERÍSTICAS DA CARGA.
⇒ TEMA 2. ESFORZO FÍSICO NECESARIO. CARACTERÍSTICAS DO MEDIO DE TRABALLO. ESIXENCIAS DA ACTIVIDADE.
⇒ TEMA 3. FACTORES INDIVIDUAIS DE RISCO.
⇒ TEMA 4. BOAS PRÁCTICAS NA MANIPULACIÓN MANUAL DE CARGAS.
Para máis información contacta con nós no Teléfono 981.563.252 en horario de 08.00 a 15.00 horas de luns a venres.
Non te perdas esta oportunidade de fortalecer os teus coñecementos e protexer a saúde de todos!
