Convidámoste a participar no XORNADA de “A CARGA FÍSICA NO SECTOR DE PARQUES E XARDÍNS. PRINCIPAIS RISCOS E MEDIDAS PREVENTIVAS”.
Detalles:
- Do 21 ao 28 de setembro de 2026.
- Duración: 10 horas.
- Modalidade: Teleformación.
- Custo: Gratis.
O obxectivo xeral da xornada é avaliar e coñecer os riscos derivados da carga física no sector de parques e xardíns. Dentro dos obxectivos específicos atopamos:
− Identificar os principais factores de risco derivados da carga física, aos que se expoñen as persoas traballadoras de parques e xardíns..
− Aplicar técnicas preventivas axeitadas a cada un dos riscos derivados da carga física, aos cales están expostos no desempeño das súas funcións laborais.
A xornada de sensibilización terá unha duración de 10 horas e o programa que se levará a cabo será o seguinte:
⇒ TEMA 1. AVALIACIÓN ERGÓNOMICA DA CARGA FÍSICA DO TRABALLO EN PARQUES E XARDÍNS.
⇒ TEMA 2. DESCRICIÓN E RISCOS DERIVADOS DA CARGA FÍSICA.
⇒ TEMA 3. COMO PREVIR OS RISCOS E LESIÓNS DERIVADAS DA CARGA FÍSICA.
Para máis información contacta con nós no Teléfono 981.563.252 en horario de 08.00 a 15.00 horas de luns a venres.
Non te perdas esta oportunidade de fortalecer os teus coñecementos e protexer a saúde de todos!
