Sectores

Publicación do resultado do sorteo dos/as vogais dos tribunais que xulgarán os procedementos selectivos do concurso-oposición para o acceso e ingreso a corpos docentes non universitarios da Comunidade Autónoma de Galicia

De acordo co establecido na base 7.5 da Orde do 31 de xaneiro de 2024 pola que se convocan procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de educación e ao corpo de profesores de ensino secundario e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de mestres e ao corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, e procedemento de adquisición de novas especialidades por parte do persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A), realizouse o sorteo dos/as vogais que formarán parte dos tribunais que xulgarán estes procedementos.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.