Na véspera do 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, UGT SP Ensino recorda a Virxinia González Polo (1873-1923), unha das grandes líderes femininas da historia contemporánea de España, recoñecida na actualidade coma a primeira dirixente obreira.
▪️ Foi a primeira muller en ocupar posicións de liderazgo nun sindicato (concretamente na UGT) e en política.
▪️ Logrou facer reformas nos permisos de maternidade do momento, ampliando a baixa postparto e a reserva do posto de traballo das obreiras durante a mesma.
▪️ O 1 de maio de 1919 publicou en «El Socialista» un artigo sobre a igualdade salarial entre homes e mulleres, baixo o título “A traballo igual, idéntico salario”.
Virxinia González Polo sempre defendeu o dereito das mulleres a gozar dunha formación suficiente para conseguir unha emancipación real e a liberdade plena.
