Sectores

Venden fume coa sentenza da carreira e o saben…


DE ONDE SAE O AGRAVIO?

En primeiro lugar débese aclarar que a implantación da carreira profesional ten o seu fundamento no artigo 16 do EBEP, vinculada ao persoal funcionario de carreira, regulando a efectividade da mesma para o persoal laboral, no artigo 19, e sinalando á que se regule no Estatuto dos Traballadores e nos convenios colectivos. De igual forma se regula para o persoal estatutario fixo, no suposto do SERGAS (como así o asinou, por certo a CIG no SERGAS,… só para estatutarios fixos).

Para poder xudicializar hai que ter base e o dereito xerouse ao persoal funcionario de carreira e iso foi o que deu pe a esixir a extensión a todo o persoal. Se non houbera un acordo e un recoñecemento de dereito ao persoal fixo estariamos en punto morto…como estamos noutras materias cando a acción sindical non atende a criterios de recuperación de salario, emprego e dereitos.

Por certo foi UGT e CCOO quen negociando conseguiron en xullo de 2019 levar á Comisión de Persoal unha mellora no Acordo de concertación estendendo o percibo do complemento de carreira ao persoal temporal e interino, mellora do Acordo que a Administración nunca chegou a publicar en DOG e que ambas organizacións reclamamos de forma reiterada.

CARTEL CARRERA CIG

PARABÉNS di CIG ao tempo que esixe ao Goberno galego:

que se sente a negociar a inclusión de todo o persoal no ámbito do sistema extraordinario e que se recoñeza o dereito deste persoal con carácter retroactivo desde o 1 de xaneiro de 2019. Igualmente, pide á Xunta que non recorra ao Supremo ante a xurisprudencia existente.

Do anterior dedúcese que non hai unha aplicación directa da sentenza e o que hai é, ou ben volver a negociar ou ben ir a reclamacións individuais, é dicir… que expliquen os parabéns e que dean as grazas porque alguén foi quen de xerar un dereito que co tempo se pode estender ao demais persoal.  Non se sabe si é que quere negociar o xa negociado ou ben quere seguir a pedir o mesmo que pedía en decembro de 2018,… a carreira en iguais condicións que a que asinaran co Concello de Santiago… que por certo aprobada coa da Xunta aínda está sen inciarse a cobrar….gran negociación a da CIG no Concello de Santiago, que llo pregunten ao persoal.

 

NEGOCIAR OU FACER RECLAMACIÓNS INDIVIDUAIS?

Para quen son os parabéns …ou temonos que felicitar de volver a entrar nunha vía morta….

A CIG espera que «isto sirva de acicate para sacar a CC.OO., UGT e á Xunta do limbo de inacción e se poña en marcha xa o sistema anticipado para o acceso ao grao II para todo o persoal, incluíndo ás persoas dos subgrupos A1 y A2«.

No limbo da inacción habería que mirar quen está, porque a única acción de negociación e acordo que aportou a CIG nos últimos anos foi en materia do teletraballo coa Xunta ..e deixa moito que desexar.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.