Este luns publícase no DOG a convocatoria do concurso de traslados específico entre o persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do departamento de orientación en colexios públicos de educación infantil e primaria ou de educación primaria (código de procedemento ED013A).
As solicitudes deberán presentarse obrigatoriamente a través da sede electrónica da Xunta. O prazo de presentación será de 15 días hábiles computados a partir do día seguinte ao da publicación. Toda a información aquí.