Segundo informa hoxe a prensa (Faro de Vigo), a Directora Xeral de Saúde Pública, desvelou onte que “xa se teñen solicitado as listaxes dos integrantes dos servicios de prevención e extinción de incendios para vacinalos de forma inmediata en canto se teñan os recontos”. Fai falla ter pouca vergoña para emitir tal revelación.
Desde UGT Servizos Públicos fixéronse peticións aos órganos da Administración Autonómica, dende o inicio da campaña de vacinación, tanto á Vicepresidencia Primeira, por ser este o órgano encargado de coordinar o Servizo de Prevención da Xunta de Galicia como á Consellería do Medio Rural e á Consellería de Sanidade.
A calada ou negativa por resposta en todas as ocasións en que se formulou a petición, tanto en Mesa Xeral, como en Comisión de Persoal e no Comité Intercentros de Seguridade e Saúde Laboral, por certo a esta última a Dirección Xeral de Saúde Pública escusou a súa asistencia…
Ao inicio da campaña de vacinación era o momento en que lles correspondía ser vacinados, de conformidade co establecido nos protocolo de Ministerio e Xunta, e cando se tiña que ter feito e non agora…chegan tarde, mal e arrastro. Sobre a listaxe dos integrantes do SPIF, seguramente a teñan nalgún caixón remitida fai tempo pola Consellería do Medio Rural, case que con total seguridade que iso xa foi remitido fai meses…busquen que ao mellor a atopan, por certo inclúan tamén aos Axentes Ambientais (CMATV). UGT ten a impresión de que non se falan entre eles e si falan non sen entenden ou non o fan no mesmo idioma. Chega tarde Sra. Directora. Pese a todo o persoal seguirá a cumprir coa súa obriga, cando e onde se precise, son e serán persoal esencial.
Lembrámoslle que as persoas que integran o Servizo de Prevención dende o primeiro momento pediron estar na loita contra a Covid, solicitaron ser voluntarios cando tocou, e o Sr. Conselleiro do Medio Rural pode dar fe disto, porque ten constancia escrita destas peticións, e así o fixeron cando se lles puido garantir as medidas de protección necesarias…. Así se lles paga con esta amable atención, o dito … non hai por onde collelo, posto que como se dixo naquela reunión á que Saúde Pública non asistiu, do Intercentros de Seguridade, UGT facilitoulle datos das vacinacións noutras Comunidades Autónomas para que puidesen contrastar e imitar o que si se estaba a facer no resto do Estado, incluso en ámbitos da nosa Comunidade co persoal de Protección Civil ou empresas privadas vinculadas á prevención e extinción.
Agora cando a vacinación realizada por colectivos de idade, xa chega ao 50% da poboación galega, a Directora Xeral ten a desvergoña de DESVELAR que SOLICITARON as listaxes do persoal do SPIF.
O dito tarde, mal e arrastro… si a caso a ver si son capaces de unha vez analizada a listaxe atopar a persoal non vacinado xa… que lles aproveite a súa preocupación polo persoal.