Hoxe, 24 de xaneiro, Día Internacional da Educación, o Sector de Ensino de UGT Servizos Públicos reivindica a defensa do dereito fundamental a unha educación de calidade para todos e todas coa necesidade urxente de revalorizar a profesión docente.
Desde UGT, consideramos que a mellor maneira de defender á nosa Educación é fortalecela e financiala para todo o alumnado e profesorado. Pero a situación da profesión docente en España e en gran parte dos países do resto de Europa e do mundo atópase nun momento crítico que é urxente atender, abordando desafíos como a escaseza de docentes, a ausencia dun financiamento adecuado e as condicións laborais cada vez máis precarias. Por iso, desde o noso sindicato, esiximos ás diferentes Administracións Educativas a mellora das condicións laborais do profesorado para facer máis atractiva a profesión.
No noso país a escaseza de persoal docente en todos os niveis educativos, en educación especial, en áreas STEAM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería, Artes, Matemáticas), e noutras especialidades como informática e filosofía, vén determinada en gran parte pola precariedade dos contratos, a falta de oportunidades de desenvolvemento profesional, as cargas laborais excesivas e un baixo status profesional. Moitos docentes teñen un salario máis baixo que profesionais con cualificacións similares, pero, ademais, o número elevado dos rateos, o exceso de carga burocrática e as demandas socioeducativas e emocionais ás que o profesorado atende á marxe da docencia condúcenlle en moitas ocasións ao estrés e esgotamento.
Por outra banda, as oportunidades de desenvolvemento e progreso na profesión docente son limitadas e a voz do profesorado e a súa experiencia a miúdo son ignoradas subestimando a contribución tan importante que o profesorado achega á sociedade e á educación dos futuros cidadáns.
Por tanto, sobrecarga, infravaloración e deficiente mellora nos salarios fan que docentes con ampla experiencia sentan excedidos e poucas persoas mozas queiran unirse á nosa profesión. Unha profesión tan imprescindible para facer un mundo mellor.
As recentes recomendacións das Nacións Unidas sobre o fortalecemento da profesión docente marcan o camiño para seguir e proporcionan un conxunto integral de políticas e accións que demostraron fortalecer a profesión e a educación no seu conxunto. Desde Finlandia ata Singapura, as políticas efectivas que crean sistemas educativos exitosos sempre son as mesmas: os Gobernos e as diferentes Administracións educativas deben investir en educación e na profesión docente. Deben garantir salarios competitivos, boas condicións laborais e amplas oportunidades de desenvolvemento profesional. Deben respectar ao profesorado e confiar na experiencia en defensa da profesión docente que os sindicatos de educación realizamos para mellorar a nosa profesión.
Desde o Sector de Ensino de UGT Servizos Públicos e desde a Federación dos Traballadores do Ensino (FETE) que nos precede levamos décadas defendendo a profesión docente e hoxe, máis que nunca, insistimos e instamos o Ministerio de Educación na urxencia de desenvolver un estatuto docente que mellore as condicións laborais e retributivas do profesorado para facer máis atractiva nosa profesión e ofrecer a estabilidade profesional e de benestar que o noso profesorado necesita.