Dende UGT urximos á ministra para reducir o número de alumnos por aula e a carga lectiva do profesorado, fortalecer a Escola Pública, a estabilidade do colectivo interino e a equiparación profesional e salarial dos Profesores Técnicos de FP.
O Sector de Ensino de UGT Servizos Públicos mantivo unha reunión coa ministra Pilar Alegría e outros cargos do Ministerio de Educación e Formación Profesional. Abordáronse os temas pendentes de desenvolvemento regulamentario da LOMLOE (Ensinos mínimos e currículos, promoción e avaliación…), a marcha do trámite parlamentario do Proxecto de Lei de FP e o estado da futura lei de Ensinos Artísticos. Ademáis puxemos de manifesto cuestións que non quedaron resoltas na lei educativa e que se está a tempo de emendar:
- O aumento do investimento público en Educación co horizonte do 5% do PIB en 2023, e do 7% en 2025.
- A redución do número de alumnos por aula e da carga lectiva do profesorado.
- A estabilización do profesorado interino cun sistema negociado cos representantes do profesorado que poña en valor a experiencia docente.
- A negociación inmediata do procedemento de incorporación do Profesorado Técnico de FP con titulación universitaria ao Subgrupo A1 e as condicións do resto do PTFP, para evitar perda de dereitos, incluíndo a equiparación salarial.