UGT Ensino expresa a súa preocupación pola convocatoria da Xunta en 2024 dun total de 1.743 prazas en oposicións para o ensino público, anunciada polo presidente da Comunidade Autónoma de Galicia, Alfonso Rueda.
Denunciamos a falta de negociación cos representantes das e dos traballadores na mesa do sector educativo. Denunciamos a incoherencia de ser coñecedores do número de prazas polos medios de comunicación e o anuncio clamorosamente incorrecto sobre a súa catalogación como «a convocatoria máis numerosa» dos últimos anos.
Isto denota a falta de transparencia e democracia ante as decisións que se toman na Administración no sector educativo.
UGT Ensino esixe que a Administración aporte unha oferta negociable á mesa sectorial nas próximas semanas, de non ser así, UGT verase obrigada a denunciar a situación por considerala maliciosa.