Sectores

Un novo Acordo de Mantemento de Emprego (AME) é preciso


As organizacións sindicais e patronais do ensino concertado fomos convocados por CECE e Escolas Católicas, para iniciar conversas a prol dun novo AME.

 

A problemática situación de decaemento da natalidade e a repercusión sobre a matrícula en infantil aventura peches de unidades. A UGT fixo un estudo propio que reflicte que se non se recupera a natalidade, a medio prazo, estamos a falar da perda de miles de postos de traballo.

 

O AME non sería suficiente pero si absolutamente necesario para resolver unha crise que xa está aquí. Este curso xa se perderon moitas unidades en infantil, pero o vindeiro curso e os seguintes serán realmente traumáticos.

 

O AME, nas edicións anteriores, tiña como obxectivo recolocar aos docentes que perderan o traballo noutros centros a conta do incremento dos equipos docentes destes, pasando por unha bolsa de recolocación e renunciando ó cobro da indemnización. As patronais seguían mantendo a liberdade de contratación para cubrir as vacantes e as novas contratacións. Sorprendeunos que as outras organizacións (salvo UGT e CCOO) estivesen de acordo con manter ese AME, rexistrado no 2017, para soster unhas condicións que non son as actuais. Nós consideramos que estas condicións son insuficientes para iniciar un proceso negociador coa Administración, polas seguintes causas:

  • A negociación do AME xa se intentou na Mesa Tripartita nestas condicións (ano 2017 e posteriores), e sempre fracasou porque a Administración alegaba que para elo precisaba incrementar os orzamentos.
  • As crises pasadas afectaron a uns centros, esta vai afectar a todos, xa que logo moito nos tememos que esta medida será totalmente insuficiente.

 

A UGT propuxo, nestas conversas previas á posible negociación, unha maior implicación da patronal a través dun compromiso de contratación da bolsa de recolocación e nas situacións que produzan, ou non, incremento de rateo por encima das condicións propias do AME xa explicadas:

  • Vacantes producidas por xubilacións parciais ou totais.
  • Vacantes producidas por incapacidades parciais ou totais.
  • Vacantes producidas por despedimentos.
  • Novas contratacións por incrementos de unidades.

 

Con elo pretendese un triple obxectivo:

  • Condicionar o acceso á bolsa de recolocación antes de facer unha contratación externa para case calquera circunstancia.
  • Facer un AME eficaz que baleire rapidamente a bolsa de recolocación.
  • E, se o AME se proxectara no tempo, daría unha estabilidade ao traballo dos docentes da concertada xerando unha rede de contratación en todos os centros de Galicia que se acolleran ao acordo.

 

As patronais adoptaron o compromiso de levar esta proposta as súas xuntas directivas e nos darán unha resposta coa maior brevidade para que o acordo chegue á Administación o antes posible.

 

Esperamos que todos estemos á altura das circunstancias.

 

 

    Sindicato Nacional de Ensino Privado    

    XUNTOS PODEMOS MÁIS    

 

 

 

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.