Sectores

UGT-SP rexeita a proposta de borrador da Administración sobre a Xubilación Parcial

A Administración enviou recentemente á UGT-SP e a outras OOSS unha proposta de borrador do novo Acordo de Xubilación Parcial no ensino concertado de Galicia. Tralo estudo exhaustivo do borrador, de manterse as mesmas condicións na Mesa de Negociación que se celebrará próximamente, UGT-SP negarase en rotundo a asinar as condicións que se plantexan no documento. A proposta restrinxe o acceso á prestación a tan só un ano -como máximo- da xubilación ordinaria. Ademais, plantexa dous períodos de solicitude anuais, polo que chegarían a darse, segundo o caso, prexubilacións de apenas 4 meses de duración.

A UGT-SP considera decepcionante e ridícula a nova proposta de Xubilación Parcial e insta á Administración a incrementar o orzamento presupostario para manter o período de dous anos de desfrute da prestación, ámbito temporal que a UGT-SP propuxera e conseguira xa coa sinatura do Acordo de agosto de 2024. O sindicato exixe que as persoas traballadoras interesadas en acceder á prestación podan prexubilarse cunha redución da xornada do 75% e manter as mesmas condicións de temporalidade que as do acordo previo á entrada en vigor da normativa estatal en abril (ata 2 anos).

A UGT-SP tamén lle recorda á Administración que os docentes con horas no bacharelato teñen o mesmo dereito de acceso á Xubilación Parcial, e está a exixirlles un mínimo de seis anos de antigüidade en pago delegado para poder optar á prestación.

Noutras comunidades autónomas o ensino concertado está conseguindo a XP (coma por exemplo en Navarra e Aragón) en sintonía coa nova normativa estatal. Que está a pasar en Galicia? O profesorado galego continúa sen a paga de antigüidade (polos 25 anos de servizo), ten bastantes máis horas de traballo que no ensino público, está moi lonxe da homologación salarial, ten un Acordo de mantemento do emprego que non funciona… A situación é dramática e inadmisible. Polo que a UGT-SP non vai a aceptar as condicións do borrador presentado pola Administración para a Xubilación Parcial. BASTA XA!