UGT-SP E OUTRAS OOSS DENUNCIAN O VII CONVENIO DO ENSINO CONCERTADO

A UGT-SP, xunto con FSIE, USO e CCOO, denunciamos o VII Convenio Colectivo de empresas de ensino privado sostidas total ou parcialmente con fondos públicos e promovemos a negociación do NOVO Convenio, para que se adapte aos cambios e á lexislación vixente, xa que o actual convenio foi prorrogado en outubro de 2024 e ata o 31 de decembro de 2025. O inicio da negociación do novo convenio precisa introducir cambios demandados polas persoas traballadoras do ensino concertado e que non foron tidos en conta polas patronais.

Consulta o comunicado da UGT-SP ao respecto cos cambios que urxe introducir no VIII Convenio.

Imagen de UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.