Por parte do órgano correspondente de realización de probas das . A , do 28 de xaneiro, de medidas fiscais e administrativas ou de provisión , como son:
- A ampliación dos distintos prazos de realización dos exercicios dos procesos selectivos ata que a situación derivada da pandemia permita un adecuado desenvolvemento deles.
- A realización dos exercicios dos procesos selectivos en distintas quendas, con distintos exercicios sobre o mesmo temario, así como a realización dos exercicios en distintas sedes, distribuíndose as persoas aspirantes da forma que determine o órgano convocante dos procesos, sempre que, en todo caso, quede garantido o respecto aos principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade no acceso ao emprego público.
- A fixación de datas alternativas para a realización de exercicios de procesos selectivos a persoas aspirantes que non poidan participar neles na data inicialmente sinalada por estaren cumprindo unha medida de illamento ou en corentena que teñan prescrita por ser persoa infectada por covid-19 ou contacto estreito, debendo fixarse a data alternativa con garantías de non alteración do desenvolvemento normal do correspondente proceso selectivo.
- A ampliación dos distintos prazos para a resolución dos procesos de provisión.
- A posibilidade de alterar a orde de realización das probas dos procesos selectivos.
- A adopción de calquera outra medida, debidamente xustificada, por proposta da autoridade sanitaria autonómica
Polo tanto cumpre clarificar e dar certeza ás persoas opositoras, na procura de evitar bulos malintencionados que causan desacougo e incertezas en momentos xa difíciles de por si.
UGT requiriu á Dirección Xeral da Función Pública para que no prazo de 15 días se nos informe das previsións de realización de exercicios, toda vez que se acaban as ampliacións de prazos xa publicadas. De igual forma solicitouse que se facilite ás Organizacións Sindicais o protocolo previsto para o seu desenvolvemento, atendendo ás recomendacións que sobre a súa realización diten as autoridades sanitarias.