UGT ven de solicitar á Dirección Xeral da Función Pública poña os medios humanos e materiais precisos e necesarios para rematar coa situación do desenvolvemento dos procesos selectivos en curso, e se publiquen de forma inmediata as fases pendentes dos mesmos que dean seguridade xurídica ás persoas opositoras e aos procesos por desenvolver, coa prontitude debida e a celeridade acordada na norma aprobada nas sucesivas Comisións de Persoal, nas que se aprobaron as citadas OPEs.
Por medio do escrito rexistrado, comunicamos a situación de desenvolvemento dos procesos selectivos, dependentes da Dirección Xeral da Función Pública, dos que son contraste os seguintes datos que reflicte a páxina web da Consellería:
|
ACCESO LIBRE |
PROMOCIÓN INTERNA |
QUENDA DISCAPACIDADE |
TOTAL |
P FUNCIONARIO |
2.444 |
798 |
254 |
3.496 |
P. LABORAL |
86 |
0 |
1 |
87 |
TOTAL |
2.530 |
798 |
255 |
3.583 |
A desagregación por anualidades é a seguinte:
ANO |
PRAZAS EN PROCESO |
CONVOCADA FASE DE MÉRITOS |
EN BAREMO PROVISIONAL |
RESOLUCIÓN ASPIRANTES QUE SUPERAN PROCESO |
2017 |
31 |
3 |
|
|
2018 |
761 |
761 |
|
|
2019 |
1.073 |
438 |
635 |
133 |
2020 |
528 |
35 |
222 |
52 |
2021 |
393 |
|
|
|
2022 |
794 |
|
|
|
Podemos entender que a acumulación de procesos selectivos leva a un atasco sen precedentes nesta Administración, asumimos que a pandemia tivo efectos negativos no desenvolvemento dos mesmos, pero non podemos entender nin comprender como non se dota de efectivos á Dirección Xeral da Función Pública, que sexan en contía suficiente para poder desenvolver a encomenda de traballo que se precisa. Recentemente modificouse a Relación de Postos de Traballo da Consellería de Facenda e Administración Pública, procedendo a mesma á creación de postos, que claramente se demostran insuficientes para a carga de traballo, como así o amosan os datos, motivo polo que UGT no votou a favor.
As persoas aspirantes a unha praza pública teñen o dereito de que se aplique a celeridade que se aproba todos os anos nos criterios de desenvolvemento da OPEs, UGT non pode entender nin asumir con resignación unha cuestión tan grave como a exposta.
Incluídos no decreto, polo que se aproba a oferta de emprego público extraordinaria de prazas de persoal funcionario e laboral da Administración Xeral e das entidades instrumentais do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galicia, correspondente ao proceso de estabilización derivado da Lei 20/2021, de 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, e de prazas de persoal laboral obxecto de funcionarización de conformidade coa Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, contémplase no seu artigo 6, aprobado na Comisión de Persoal do pasado 24 de xuño, os criterios xerais de aplicación dos procesos selectivos e entre eles o de axilidade dos mesmos.
Anexamos, na solicitude á Dirección Xeral da Función Pública, unha táboa que, salvo erro ou omisión non desexada, contén o estado de desenvolvemento de todos e cada un dos procesos selectivos convocados desde o 2017 ata o ano 2022, solicitando a inmediata publicación das fases pendentes, ante a resposta verbalizada nas derradeiras xuntanzas pola Dirección Xeral.
Podes acceder ao cadro resumo de desenvolvemento dos procesos selectivos premendo neste enlace: