UGT solicitou a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal que articule dito proceso de negociación ante a situación que vive dito persoal e que se arrastra dende hai anos e agora xa é intolerable
O sindicato demanda unha actuación urxente e solicitou a Dirección Xeral de función pública que articule unha negociación coa Consellería de Política social logo de asistir a unha xuuntanza cunha ampla participación de persoal de equipos de menores que levan anos intentando acadar solución, e que agora chegan a unha situación límite que non se pode prorrogar por máis tempo. Asi o manifesou tamén o sindicato na última reunión da Comisión de Persoal da Xunta de Galicia.
Dito persoal precisa que os traballos fora do centro de referencia (Edificio Administrativos da Xunta de Galicia) deben ir acompañadas dunha orde de servizo. Non pode ser que os traballadores e traballadoras estén desprotexidos laboral e xuridicamente cando fan saídas a domicilios, centros educativos, hospitáis, puntos de encontro etc.., así como delimitar e regular as súas funcións de forma clara.
Polas características da súas actuacións, moitas das saídas anteriormente citadas fanse fora do horario laboral, e dito persoal ten flexibiliade horaria que se está a confundir con disponibilidade horaria. As traballadoras e traballadores poden ser flexibles pero elas e eles teñen tamén o dereito a ter vida fora do seu traballo.
Por último, debe preservarse o dereito a confidencialidade da súa identidade por medio de tarxetas acreditativas e identificativas como persoal funcionario de menores sen que xe vexa comprometida a súa identidade real. Os nomes e apelidos figuran en documentación, rexistros, actuacións, xuzgados etc.. Isto conleva persecución e acoso chegando incluso as agresións debido a que son identificados.
A situación actual do persoal dos Equipos de menores de Galicia require unha actuación rápida e resolutiva da Xunta de Galicia, máis concretamente da Consellería de Política Social, para que as condicións de traballo destes equipos sexan dignas e seguras.
