Sectores

UGT Servizos Públicos presenta queixa ante a valedora do pobo


UGT Servizos Públicos ven de interpoñer ante a Valedora do Pobo unha queixa pola nula atención prestada pola Xunta de  Galicia a determinados colectivos, considerados esenciais á hora da planificación da vacinación.

UGT entende que a administración autonómica ten a obriga de implementar a vacinación de colectivos profesionais esenciais, como AAMM e os BBFF ou o persoal de Xustiza, que xa teñen sido vacinados ou están a selo, noutras comunidades autónomas.

A pesar de que o establecido na Estratexia Nacional de Vacinación e no Plan Galego de Vacinación fronte ao SARS-CoV-2, é de obrigado cumprimento para as CCAA, deixa en mans destas últimas, en virtude do seu ámbito competencial, de ser o caso, a posibilidade de abracar coa vacinación a outros colectivos que se estimen prioritarios. Despois do cal. UGT Servizos Públicos presentou ante a Valedora do Pobo unha queixa sobre a necesidade de priorizar, paralelamente ao establecido na ENV, a vacinación de colectivos profesionais esenciais que se mantiveron operativos, aínda que con redución de efectivos, durante toda a actual crise sanitaria.

 Xustificante.Rexistro.ValedoradoPobo.03.05.2021 Página 1

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.