Sectores

UGT Servizos Públicos entrega o 1º Premio á innovación educativa ESCOLA VIVA ó IES de Cacheiras

Hoxe, ás 11:30 horas no IES de Cacheiras, o Sector de Ensino da UGT-Servizos Públicos fixo entrega do 1º Premio de Innovación Educativa, convocados por Escola Viva, ó profesor de Artes Plásticas, Sergio Clavero Ibáñez de Garayo do IES de Cacheiras (Teo – A Coruña) polo proxecto : “Aturuxo Films. Imaxinando músicas”.

Neste acto entregóuselle un diploma acreditativo como recoñecemento ó valor innovador dun proxecto pedagóxico cuxo obxectivo fundamental é o desenvolvemento do pensamento crítico do alumnado a través da creatividade e o fomento dunha mirada atenta e reflexiva para a acción social. Este premio conta cunha  dotación económica de 500 €.

A filosofía deste proxecto inclúe todo o proceso de alfabetización como un acto de expresión creativa que permite o desenvolvemento do coñecemento e a sensibilización en diferentes realidades sociais e onde o alumnado é o seu impulsor a través dun traballo cooperativo por proxectos. 

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.