CCOO Ensino, ANPE, UGT SERVIZOS PÚBLICOS E CSIF Ensino, ORGANIZACIÓNS ASINANTES DO ACORDO POLO QUE SE REGULA O ACCESO E AS CONDICIÓNS DE TRABALLO DO PERSOAL DOCENTE INTERINO E SUBSTITUTO veñen de solicitar unha xuntanza tanto da Comisión de seguimento do Acordo como co propio Conselleiro para organizar o persoal do vindeiro curso escolar.
A situación do vindeiro curso con respecto á situación de pandemia e vacinación de menores non se coñece polo que consideramos imprescindible a organización do curso coa mesma dotación deste respectando a distancia de 1,5 metros entre postos escolares.
É preciso para garantir a presencialidade segura en todas as etapas educativas, respectar as medidas de seguridade e saúde. Isto require manter as contratacións formalizadas como consecuencia da pandemia e aumentar o número de docentes nas etapas educativas de educación infantil e primaria.
En Galicia supuxeron arredor de 2600 as prazas que se aumentaron neste curso escolar.
Máis alá de cumprir as medidas sanitarias e de seguridade, reivindicamos a mellora na educación coa redución do número de alumnado por aula.
- A ratio das aulas é un factor importante nos resultados das e dos escolares
- En igualdade de condicións, aumentar a ratio dunha aula danará os resultados do alumnado.
- A evidencia suxire que elevar o número de escolares na aula prexudicará non só a puntuación nas probas dos nenos e as nenas a curto prazo, senón tamén a súa formación a longo prazo.
- O diñeiro aforrado hoxe ao incrementar a ratio das clases terá custos sociais e educativos maiores no futuro.
As comunidades disporán de 10.000 millóns de euros dos fondos europeos de reconstrucción para o período 2021-2022 destinados preferentemente á sanidade, educación e políticas sociais aos que se suman 13.400 procedentes de facenda.
A propia Ministra anima ás comunidades a manter as distancias e o investimento no vindeiro curso escolar. Xa hai varias comunidades que anunciaron o mantemento e aumento das medidas covid, como son Navarra, Cantabria ou Baleares entre outras.
O beneficio que supón a baixada da ratio nunha clase é unha medida para garantir a equidade xa que é maior para as nenas e nenos de baixos ingresos e minorías sociais, mentres que calquera aumento desta será, posiblemente, máis prexudicial nestas poboacións.
Asemade, é fundamental prorrogar a contratación do resto de persoal de servizos complementarios que se realizou este curso aumentándoo para afrontar todas as tarefas esenciais dos centros educativos; sen este persoal non se podería garantir o seu correcto funcionamento.
A campaña iniciada por as catro organizacións sindicais, contempla as seguintes accións:
– SOLICITUDE COMISIÓN DE SEGUEMENTO ACORDO ACCESO LISTAS INTERINIDADE
– CARTA AO CONSELLEIRO SOLICITANDO ENTREVISTA (acompáñase adxunto ó respecto)
– PETICIÓN DE APROBACIÓN DE RESOLUCIÓNS NOS CLAUSTROS E CONSELLOS ESCOLARES (acompáñase adxunto ó respecto)
– RESOLUCIÓNS DAS 4 XUNTAS DE PERSOAL PROVINCIAIS.
Proposta de envío de correo masivo.
Resolucións de claustros e consellos escolares.
Carta ó conselleiro.
Comunicado de prensa