UGT Servizos Públicos consegue que as vacantes Proa+ se publiquen ao mesmo tempo que as vacantes ARCO Ante a publicación e inminente chamamento para a cobertura de vacantes ARCO, UGT Servizos Públicos e o resto de organizacións sindicais asinantes do acordo de acceso a listas de interinidade solicitámoslle á Administración que se publiquen ao mesmo tempo as vacantes PROA+. Desta maneira, o profesorado interino non se vería prexudicado elixindo vacantes de pouca duración cando, aos poucos días, aparecerían outras de curso completo. As vacantes PROA+ non van ser cubertas ata mediados de outubro, polo que, para ser ofertadas canda as prazas ARCO e aqueloutras que se vaian producindo antes desa data, cómpre modificar o apartado 15.º da Resolución do 28 de xuño de 2017 pola que se dá publicidade ao Acordo de 20 de xuño de 1995, que establece que «as substitucións cubriranse cunha antelación máxima de 3 días lectivos». Porén, UGT Servizos Públicos e o resto de organizacións sindicais asinantes do acordo dirixímonos á Consellería hoxe, 5 de outubro 2021, para introducir no Acordo unha transitoria que permita, nesta situación en concreto, optar ás prazas PROA+ cunha antelación superior aos 3 días establecidos no citado apartado 15.º. UGT Servizos Públicos, ANPE, CCOO e CSIF Ensino, como organizacións asinantes do Acordo, queremos facer fincapé en que esta modificación non sería posible sen asinar a modificación da cláusula do Acordo e, por suposto, sen a concorrencia e apoio das organizacións sindicais que o asinaron. Aquelas organizacións sindicais que non son asinantes do Acordo do 20 de xuño de 1995 poden solicitar o que consideren, pero non achegan ningunha solución como a lograda hoxe.
Sectores
UGT Servizos Públicos consegue que as vacantes Proa+ se publiquen ao mesmo tempo que as vacantes ARCO
o máis lido
UGT Servizos Públicos
UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.