UGT Servizos Públicos fai público a súa repulsa e condena a agresión sufrida polo traballador da empresa Urbaser no Barrio de Catabois, Concello de Ferrol, na madrugada do pasado sábado mentres desenvolvía o seu traballo de recollida de residuos urbanos.
Así mesmo UGT Servizos Públicos manifesta o apoio á totalidade do persoal da empresa, ao Comité de Empresa así como á familia do traballador agredido.
Esta Organización Sindical pide á Fiscalía que actúe con celeridade aos efectos de que a Xustiza sexa real e efectiva na condena deste tipo de actos.
UGT Servizos Públicos denuncia que, por desgraza, cada vez estas agresións suceden de xeito máis común do que debería.
Sirva como exemplo este esaxerado ataque a un traballador dun servizo público, pero tamén se botamos a vista atrás vemos agresións na Sanidade Pública, ensino, servizos socias e en oficinas administrativas públicas, que son unha chamada a establecer mecanismos para que o traballo en servizos públicos sexa un lugar seguro.
Por iso UGT Servizos Públicos quere facer un chamamento á sociedade en xeral aos efectos de que debe entender ao persoal traballador que desenvolve as súas funcións cara o público ou desenvolven xestións que se consideran esenciais para a vida de todos e todas e deben ser tratadas con respecto e dignidade.