UGT Ensino reúnese co Conselleiro para trasladar as inquedanzas e as peticións do noso profesorado.
Empezaremos cun tema que leva moito tempo sobre a mesa, que é o de Regulamento Orgánico de Centros (ROC). É preciso sacar canto antes unha actualización xa que o actual está totalmente desfasado e non aparecen moitas das casuísticas das que nos atopamos hoxe en día nos centros educativos, así como moitas novas figuras que se crearon a posteriori.
Despois da organización dos centros, queremos falar da formación do noso profesorado. Unha formación que se debe realizar dentro do horario lectivo debido á importancia e a repercusión que teñen os nosos coñecementos e a nosa actualización para a calidade do ensino. Pedimos ter catro días de atención directa ao alumnado e un adicado á formación.
Tocando o tema da formación non podemos deixar sen mencionar a dixitalización. Entendemos que a competencia dixital que teñen que adquirir os docentes ten que ir acompañado de recursos e instrucións que permitan garantir unha inovación educativa real.
Outra medida que afecta a todo o profesorado e que estamos a insistir sen pausa para que se solucione, é o tema dos chamamentos. Séguese coa dinámica de non cubrir as baixas cando son pequenas ou se aproximan aos períodos vacacionais. As horas de garda do profesorado non son para cubrir sistemáticamente as baixas dun compañeiro ou compañeira.
Outro solicitude en relación ás baixas, son as que afectan aos equipos directivos. Ten que facerse unha “redistribución do traballo” entre o resto dos membros do equipo directivo e non se valora nin en liberación horaria nin en compensación económica. Consideramos que esas persoas deben compensarse coa debidoa redución horaria ou cun complemento salarial.
Non queremos quedar sen mencionar aos nosos interinos, lembrando á Consellería que hai un acordo firmado con UGT, e outras OOSS, no que se mencionan puntos que levan tempo sen aplicarse; como é o tema do pago das vacacións para o persoal interino que traballe máis de cinco meses e medio.
Entrando nas solicitudes que temos para as distintas etapas, pedimos que en Educación Infantil e Primaria, queríamos resaltar que nos parece esencial contar con Equipos de Atención Temperá e outros especialistas, como AL e PT, para a detección precoz de necesidades do noso alumnado. É unha inversión inicial importante pero que permitirá minimizar estas situacións no futuro. A intervención nestas idades permite realizar un diagnóstico para a dotacións de recursos persoais e materiais adaptados aos cativos e cativas.
Na Educación Secundaria e Bacharelato, pedimos:
- As probas extraordinarias de setembro. Pedimos coñecer os datos da repercusión desta medida nos centros educativos.
- Regulación das materias afíns.
- Convocatorias de oposicións regulares en todas as especialidades.
- Trasládasenos que cada vez aumentan os casos de alerta escolar e de problemas de saúde mental nos centros educativos polo que pedimos que haxa un servizo de enfermería escolar e un psicólogo nos centros educativos.
- O profesorado pide que se realice unha convocatoria de maneira regular ó acceso a cátedras.
Na Formación Profesional pedimos un desenvolvemento normativo autonómico xa, e unhas instrucións claras de inicio de curso para os centros.
Queremos lembrar que hai asuntos que afectan aos docentes de varios colectivos e son importantes en canto á equidade. Estamos a falar, por exemplo, de orientadores de educación primaria. Como non é unha especialidade perden moitos dereitos á hora de concursar. Pedimos que se crea esta especialidade en primaria igual que en secundaria, ou polo menos que se lles considere puntuación total nas especialidades de PT e AL.
Outro caso similar é o de profesorado das EOI, que teñen a mesma formación que o profesorado de secundaria pero sen embargo non se lle bareman igual os anos traballados cando concursan para a ESO.
Sen olvidarnos dos docentes que dependen da Consellería de Medio Ambiente ou do Mar que perden dereitos como o da función titorial, e a súa puntuación nos diferentes concursos dependentes da Consellería de educación é nula.
- Para rematar, trasladámoslle ao noso Conselleiro que o camino cara o que debemos dirixirnos nestos vindeiros anos é cara unha integración de TODOS OS CORPOS DOCENTES ao grupo A1 (Mestres, Mestres de Taller de Artes Plásticas…). Cuestión que necesariamente debe ser abordada no futuro Estatuto da Función Docente.