Sectores

UGT reclama que o Profesorado Técnico de FP interino, en prácticas e xubilado poida percibir as retribucións do A1


0cartelptfpOs cambios normativos provocaron unha reordenación das especialidades do profesorado de Formación Profesional.

Primeiro coa aprobación da LOMLOE, onde na disposición adicional undécima recóllese a integración do profesorado técnico de FP. Ademais, a Lei Orgánica 3/2022, do 31 de marzo, de Ordenación e Integración da Formación Profesional, no seu artigo 85, determinou os corpos docentes que poden impartir docencia no ámbito da Formación Profesional, creando o Corpo de Profesores Especialistas en Sectores Singulares de Formación Profesional.

Por outra banda, na súa disposición adicional quinta, procede á integración no corpo de profesores de ensino secundario de determinadas especialidades pertencentes ao extinguido Corpo de Profesores Técnicos de Formación Profesional e, así mesmo, establece as especialidades do devandito corpo a extinguir que pasan a formar parte da atribución docente do novo Corpo de Profesores Especialistas en Sectores Singulares de FP.

Posteriormente, desenvolveuse no RD 800/2022, do 4 de outubro polo que se regula a integración do Profesorado Técnico de FP ao Corpo de Secundaria. A normativa establece o procedemento de integración ao Corpo de Secundaria A1, para os funcionarios que reúnen os requisitos, non así para o persoal de FP interino, en prácticas e xubilado.

Desde UGT lanzamos unha campaña co obxecto de dar solución viable e axustada a dereito ao profesorado de FP que non cumpre cos requisitos para a integración ao Subgrupo A1. UGT reclama que o Profesorado Técnico de FP que impartise materias das especialidades que se integraron ao Corpo de Profesores de Secundaria, que á entrada en vigor da LOMLOE (Disposición adicional undécima) ocupase o posto de funcionario en prácticas, interino ou con posterioridade xubilouse, e cumpra cos requisitos de titulación para a integración ao subgrupo A1, poida solicitar a reclamación de cantidades ante a súa Administración educativa para percibir as retribucións correspondentes polos servizos prestados, en materias pertencentes a especialidades que se integraron ao Corpo de Secundaria.

Con este fin, preparamos un modelo de reclamación que se poderá presentar ante a Administración educativa onde se prestou servizos, reclamando as cantidades correspondentes desde a entrada en vigor da LOMLOE 19 de xaneiro de 2021.

Ao mesmo tempo, reclámase o inicio da negociación pola equiparación salarial do profesorado Técnico de Formación Profesional que permanece no corpo de PTFP e no novo corpo de profesores especialistas en sectores singulares de FP.

Se necesitas asesoramento neste eido, como sempre podes contar con nós. Estamos aquí.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.