* convocada de xeito individualista e autárquico por só 1 organización sindical.
Hoxe 25 de setembro de 2025 está convocada unha folga no ensino convocada por só 1 organización sindical.
Mentres a organización convocante fala de recortes e deterioro, os feitos contan outra historia:
✅ Máis de 650 docentes incorporados desde 2023
✅ Evitouse o peche de 414 aulas
✅ Creáronse novas unidades estruturais en Primaria e Educación Especial
✅ Está en marcha un plan de redución da burocracia
Estes avances son froito da negociación. CCOO, ANPE e UGT Ensino demostramos que se pode mellorar sen incendiar o sistema.
A educación pública non precisa ruído, senón responsabilidade.
Agora é tempo de esixir o desenvolvemento íntegro do Acordo de Mellora, tal e como se recolle no seu texto:
• Redución do horario lectivo a 18 horas semanais para o profesorado de Secundaria, Bacharelato, FP, EOI…
• Aplicación efectiva das ratios máximas: 25 en Secundaria e 30 en Bacharelato
Traballamos arreo para que este Acordo saíse adiante, mesmo fronte a organizacións que o negaron nos centros e que agora pretenden virar ao profesorado contra o único pacto que logrou melloras reais en moitos anos.
Queda moito por facer, e non imos baixar os brazos.
Se a situación non responde ás expectativas, mobilizarémonos e iremos á folga o tempo que faga falta. Pero a folga é un recurso, non o camiño.
E cando chegue ese momento, será con unidade de acción, fronte ampla e representatividade real da comunidade educativa. O contrario (como hoxe) sería actuar sen estratexia, buscando rédito a un ano das eleccións sindicais, en lugar de traballar con constancia desde 2022.
💬 A educación merece compromiso, non consignas.
📌 A vía da negociación funciona. Hai avances reais que non se poden ignorar.
🔹 Avances xa logrados
• +650 docentes incorporados
• 414 aulas salvadas
• Novas unidades en Primaria e Educación Especial
• Plan de redución da burocracia
🔹 Compromisos pendentes
• 18h lectivas en Secundaria, Bacharelato, FP, EOI…
• Ratios máximas: 25 en Secundaria / 30 en Bacharelato
🔹 Modelo sindical responsable
✔ Negociación con resultados
✔ Unidade de acción
✔ Mobilización con estratexia
✘ Non ao ruído como primeiro recurso
✘ Non á división electoralista
Desde UGT Ensino defendemos este Acordo desde o primeiro día.
Non imos permitir que se ignore.
Se non hai avances, mobilizarémonos. Pero con estratexia, unidade e responsabilidade.
A educación pública merece compromiso, non tácticas electoralistas nin consignas políticas
——————————————————————————————————–
SERVIZOS MÍNIMOS (quedará garantida a apertura e o peche de todos os centros)
◾ Dirección ou membro do equipo da dirección.
◾ Nos centros de menos de 6 unidades a persoa titular da dirección poderá ser substituída por un membro do equipo docente.
DEREITOS
◾ Secundar a folga legalmente convocada.
◾ Non acudir ao centro se se participa na folga.
◾ Non ser substituído por outro docente.
◾ Non sufrir sancións nin represalias pola participación.
◾ Exercer liberdade sindical e de expresión no marco legal.
DEBERES / CONSECUENCIAS
◾ Asumir o desconto de salario (día proporcional + parte da paga extra).
◾ Cumprir os servizos mínimos se se está designado.
◾ Respectar o dereito a non folga doutros compañeiros.
◾ Non obstaculizar o traballo de quen non secunde a folga.
◾ Aceptar que non se recupera o día de folga con horas ou tarefas posteriores.
◾ Segundo os artigos 2.1 e 3 un docente incluído en servizos mínimos non pode legalmente secundar a folga.
◾ O folguista ordinario → só perda de salario.
◾ O designado en servizos mínimos que non acode → perda de salario + responsabilidade disciplinaria, ao ser unha obriga legal ineludible.