UGT Públicos non asinou o V Convenio Colectivo Estatal de Reforma Xuvenil e Protección de Menores asinado por todas as patronais do sector e CCOO. UGT non asinou por moitas razóns, sendo a principal a precariedade económica á que se condena a millares de persoas traballadoras do sector, podendo producirse, en moitos casos, conxelación salarial ata setembro de 2029 se non saen os novos pregos antes, deixando os asinantes o pago das subidas en mans dun terceiro que pode decidir pagalo ou non.
Non podemos condenar as persoas traballadoras ata 4 anos máis de precariedade. Os asinantes non recoñeceron neste convenio ningunha das principais demandas de UGT:
- A equiparación de Protección e Reforma ao inicio do convenio (que a patronal había chegado a propoñer ao principio). En lugar diso, haberá que esperar ata 2029 para que haxa unha equiparación que din será do 100% neste ano, aínda que non é certo, pois a creación dun novo complemento de reforma do 5% fará que siga mantendo esa diferenza
- As subidas salariais: 3% en 2026 e 2027, 3,50% en 2028 (as patronais aceptaron que en 2028 poderían subir outro 0,25% a cambio de non ampliar a lactación acumulada a 15 días hábiles) e 4% en 2029 non se aplican a todas as persoas traballadoras, aquelas persoas traballadoras ás que aínda lles falta moito para que se renoven os acordos coas administracións TERÁN CONXELACIÓN SALARIAL TOTAL, algúns incluso ata o 1 de outubro de 2029. E ninguén lles compensará porque as patronais negáronse a establecer unha paga compensatoria demandada por UGT a abonar cos novos pregos.
Ademais, NÉGANSE A CALQUERA OUTRA MELLORA, en canto a:
- Plus de nocturnidade: néganse a mellorar o 10% real.
- Plus de quendas: néganse a incluílo no convenio, as persoas traballadoras fan quendas gratis.
- Plus de festividade: só aceptan retribuír cun 20% os festivos especiais, pero no resto negáronse a ningún tipo de subida mantendo un insuficiente 10%.
- Antigüidade: Súbense 3 euros e 76 céntimos. Moi lonxe da petición da parte sindical.
- Plus de insularidade: néganse, só se pagará se o queren pagar as administracións públicas.
- Dietas: 80 euros aloxamento, contía insuficiente hoxe é non digamos en 2028/ 2029.
- Xornada: néganse a reducir a 37,5 h, e a calquera mellora en vacacións, licenzas, nin descanso retribuído en xornadas de máis de seis horas,
- Prevención de riscos laborais: néganse a calquera avance.
E un longo etcétera de negativas que deberían rexeitarse por calquera sindicato.
UGT non asina nin será cómplice da condena á precariedade dos miles de persoas traballadoras que desempeñan a súa actividade nun sector especialmente sensible e coas condicións laborais que deberían responder a inmensa labor que realizan.