🗣️ UGT NIN CONVOCA NIN SECUNDA A FOLGA do 16 e 17 de DECEMBRO
😌 Dende UGT por suposto respectamos (faltaba máis!) o DEREITO libre e persoal de:
- calquera docente a secundar (ou non) calquera folga, e
- calquera OOSS a convocar (ou non) calquera folga.
👇 ver máis abaixo
⚖️ DEREITOS e LIBERDADES e
⚠️ DEBERES / OBRIGAS / CONSECUENCIAS
nun día de FOLGA (legamente convocada)
😒 Dende UGT, eso sí, entristécenos e laiámosnos que inxusta, despectiva e irrespectuosamente dun xeito daniño dende as OOSS convocantes:
- nos ataquen descarada, desprezativa e despectivamente con descalificacións lamentables e faltas de respecto continuas,
- non respeten e vulneren o noso dereito de traballar doutro xeito e buscar melloras e solucións aos problemas sen crispación e conflicto constante,
- nos culpen incomprensiblemente dos incumprimentos e erros da Consellería como se foran nosos,
- desprecen os acordos e as melloras acadadas como «migajas indecentes» pero (semellando) autoloándose dos avances das negociacións «como froito do seu traballo».
😅 Non acordar nada con ninguén (e levantarse da mesa en cada negociación) en case 20 anos non nos parece un bo exemplo de traballo serio e responsable nin cun obxectivo de achegamento de posturas nin de loita pola unidade sindical nin xeradores de avances nin negociacións.
🤝A unidade sindical semella máis preto cando 4️⃣ de 6️⃣ OOSS con representación sectorial docente na nosa comunidade imos da man nesta idea de unir forzas, deixándomos incansablemente a pel día a día, en silencio sen ruidos, en cada negociación e conquista.
👍 Dende UGT seguiremos a traballar sen descanso, reivindicando e loitando por acadar acordos para conseguir melloras, nunca comulgando con rodas de muiño, e incluso xudicializando (algo que só nós facemos e non fan os convocantes) os posibles incumprimentos, inxustizas e/ou ilegalidades.
🧐 Non imos baixar nunca os brazos ata conseguir o cumplimento e desenvolvemento íntegro do acordado, e indo á folga, se fixera falta, pero sempre cunha unidade sindical total e como un recurso ante ilegalidades e inxustizas non como un camiño habitual de confrontación, crispación e conflicto perenne (todo ou nada) con quen pensa diferente e actuando se xeito autárquico sen aportar nunca negociacións serias nin solucións reais.
⚖️ DEREITOS e LIBERDADES nun día de FOLGA (legamente convocada)
- Non estar obrigad@ de informar previamente a ninguén da opción elexida de secundala ou non,
- Acudir ou non ao centro de traballo, elexindo secundala ou non LIBRE e VOLUNTARIAMENTE sen coerción nin asoballamento de ninguén,
- Non ser substituid@ nin suplantadas por outr@ docente as funcións exclusivamente propias e/ou que sexan realizadas (sen a súa autorización) no seu nome,
- Non sufrir sancións nin represalias pola opción elexida de secundala ou non,
- Exercer pacífica, respectuosa e responsablemente a liberdade sindical, de opinión e de expresión nos marcos establecidos (legais, éticos, conductuais e de respeto) en calquera situación e ante calquera persoa, institución, organismo ou entes con opinións e opcións elexidas diferentes de secundala ou non.
⚠️ DEBERES / OBRIGAS / CONSECUENCIAS nun día de FOLGA (legamente convocada)
- (de secundala) Aceptar e acatar na nómina o desconto/redución de haberes pola parte proporcional do(s) día(s) de folga secundado(s) nas retribucións do salario (mensual) e da parte extra (semestral),
- (de secundala) Asumir que non se recupera as retribucións ni o tempo non traballado do día de folga con horas ou tarefas posteriores que sustituan as labores a realizar nesta,
- Asumir as directrices e normativas anteriores ou posteriores a folga sobre o traballo, funcións, obrigas e labores obrigatoriamnte realizables pola condición docente,
- Cumprir e deixar cumprir obrigatoriamenmte os servizos mínimos publicados,
- (de secundala) Acatar, de ser o caso, estar designad@ como servizos mínimos, acudindo obrigatoriamente ao centro de traballo baixo responsabilidade disciplinaria sancionadora de non cumprir con esa obriga, a maiores do desconto/redución de haberes pertinente,
- Respectar sen coerción nin asoballamento nin violencia (verbal, moral ou física) os dereitos alleos de quen sí secunde ou non a folga,
- Non obstaculizar nin interromper nin impedir o traballo nin o acceso a el de quen libremente non secunde a folga,
- Non obstaculizar nin interromper nin impedir o acceso as súas accións de quen libremente sí secunde a folga.
‼️ Calquera vulneración manifesta dos teus ⚖️dereitos/liberdades secundes ou non a folga, non dúbides en contactar con nós, para defender os teus dereitos