Sectores

UGT esixe ao goberno negociar a situación do profesorado de Formación Profesional


 

A situación que xera a aprobación da LOMLOE esixe, a xuízo da UGT , a apertura de negociacións na Mesa Sectorial do Persoal Docente do MEYFP.

 

É imprescindible abordar o desenvolvemento normativo que debe regular este proceso, con especial atención ás condicións do Profesorado Técnico de FP, funcionario de carreira ou interino que carece de titulación universitaria.

 

Reivindicamos que se garanticen os seguintes aspectos:

  • Que o procedemento de incorporación do Profesorado Técnico de FP, con titulación universitaria ao Subgrupo A1, se negocie o máis axiña posible.
  • Que o Ministerio de Educación e FP e o de Universidades arbitren os procedementos necesarios para posibilitar que o Profesorado Técnico de FP que careza da titulación universitaria poida acreditala.

Parte dos créditos necesarios deben ser validados pola súa demostrada experiencia docente e poida incorporarse ao Subgrupo A1, nas mesmas condicións que se establezan para quen, nestes intres, teñen o requisito de titulación.

  • Que se garantan as condicións de mobilidade pola vía do CXT do Profesorado Técnico de FP.
  • Que se garanta o mantemento das actuais condicións, en canto a requisitos, atribución docente, relación contractual…ao Profesorado Interino de FP que actualmente existe.
  • Que se inicien negociacións co Ministerio de Educación e Formación Profesional e as Administracións Educativas para a equiparación salarial do Profesorado Técnico de FP.

 

Toda a información no noso adxunto.

 

Infórmate: Polos dereitos do profesorado técnico de FP

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.