UGT-SP Ensino Galicia estivo presente, xunto con outras tres organizacións sindicais (CCOO, CSIF e STEG), na USC nas Xornadas “Falando coas Organizacións Sindicais” o luns día 20 de abril de 2026 no salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación da UdC en Coruña.

As Xornadas foron dirixidas ao alumnado dos Graos de Primaria e Infantil e do Master do Profesorado de Secundaria da Facultade de Ciencias de Educación da UdC en Coruña no seu Campus de Elviña, e abordáronse diferentes temáticas de especial relevancia para os futuros/as docentes, como o acceso á docencia nos diferentes tipos de ensino, os procesos de oposicións, a formación permanente e as listas de substitucións.
O obxectivo principal destas Xornadas foi que os/as alumnos/as asistentes nos fixeran chegar ás catro OOSS que xuntas por 4ª vez, todas as dúbidas referidas das diferentes temáticas abordadas e asumiran un papel activo e crítico, para o cal se preveu un faladoiro no que poideron expresar a UGT- SP Ensino e aos/ás demais representantes das organizacións sindicais presentes as súas preocupacións sobre o seu futuro profesional e os novos retos que se esixen no ensino actual e os seus desafíos acorde á sociedade contemporánea.
As Xornadas, que xa se desenvolveran tamén en edicións anterior na USC nas Facultade de Formación do Profesorado en Lugo e en Santiago nos curso pasados, estiveron igualmente dirixidas e orientadas a informar e formar, permitindo resolver inquedanzas e ofertando ao alumnado destos estudos universitarios con vocación docente a posibilidade tamén de coñecer a labor dos sindicatos e o seu esforzo e loita diaria por conseguir cambios na educación que favorezan a mellora das condicións docentes e, por conseguinte, unha mellora na calidade educativa.


