As organizacións sindicais FeSP-UGT e FECCOO, vimos de facer a denuncia do XV Convenio Colectivo Xeral de centros e servizos de atención a persoas con discapacidade.
O ámbito funcional do Convenio son todas as empresas de titularidade privada, e dos servizos de atención a persoas con discapacidade que teñen por obxecto a atención, diagnóstico, rehabilitación, formación, educación, promoción e integración laboral de persoas con discapacidade física, psíquica ou sensorial, independentemente da fórmula de financiación das prazas dispoñibles (concertadas, subvencionadas, totalmente privadas ou mixtas) así como as asociacións e institucións constituídas con esa finalidade.
FeSP-UGT traballará para defender na negociación colectiva sectorial os dereitos de todos e todas as traballadoras del sector.
Máis información no seguinte adxunto: