A primeira concentración será o próximo martes 8 de xullo, á 11,30 horas, ante o Ministerio de Facenda
As persoas con responsabilidade en Función Pública das tres federacións que integran UGT Servizos Públicos e o Área Pública de Comisións Obreiras mantivero este xoves unha reunión, na sede de UGT, para concretar as movilizacións que ambos sindicatos van a realizar nas próximas semanas ante os incumprimentos da Administración dos compromisos adquiridos coa representación das persoas que traballan no emprego público no noso país.
Isabel Araque Lucena, secretaria xera de UGT Servicios Públicos, e Lucho Palazzo Gallo, coordinador do Área Pública de CCOO, compareceron en roda de prensa, tras o encontro celebrado entre ambas organizacións sindicais, para resaltar que, ainda esta semana se aprobou en Consello de Ministros e publicado no BOE o abono do 0,5% de 2024, a medida é tardía e claramente insuficiente.
Na súa intervención, ambos expuxeron os asuntos que quedan pendentes de cumprir do Acordo Marco para unha Administración do Século XXI, así como as principais demandas para un novo acordo e a necesidade de abordar a mellora salarial para o ano 2025.
Por iso, o próximo martes 8 de xullo, ás 11:30 horas, levarase a cabo unha concentración ante o Ministerio de Facenda baixo o lema ‘Es la hora. #Cumple lo pactado’, unha mobilización para recordar á Administración que as persoas traballadoras no emprego público están aún á espera de que se lles dé unha solución á jubilación parcial para o persoal laboral e a plena implantación para o persoal funcionario e estatutario, que se aplique a xornada de 35 horas e a culminación dos procesos de estabilización que acabe coa lacra que supón a temporalidade no sector público.
A esas cuestións sen atender unense outras tamén significativas para un colectivo de máis de tres millóns de persoas, como a plena implantación do modelo de clasificación profesional conforme ao actual Marco Español de Cualificacións Profesionais; negociar as necesarias modificacións normativas para o pleno establecemento e desenvolvemento dos plans de igualdade e os protocolos de acoso sexual e por razón de sexo; garantizar a atención presencial dos servizos públicos e un plan específico de dixitalización para as zonas de menor población o en risco de exclusión; a creación de emprego neto nas administracións públicas e rexuvenecemento das plantillas; e impulsar a dixitalización, captación e retención do talento, promoción interna, formación e carreira profesional.
Por todo ixo, a Área Pública de CCOO e UGT Servizos Públicos manteñen o seu calendario de mobilizacións a nivel estatal, que terá a súa primera acción o próximo martes 8, ante o Ministerio de Facenda, e tanto Araque como Palazzo fan un chamamento ás persoas traballadoras do emprego público para que a secunden en defensa do cumprimento dos compromisos para a mellora das súas condicións de traballo.
