Sectores

UGT denuncia: A situación sanitaria actual require accións inmediatas e a Administración mira para outro lado.

Lonxe da minimización que fai a Consellería, a situación da comunidade educativa fronte ao COVID, como se fai patente nos medios día a día e da que temos amplo coñecemento a través da nosa afiliación, empeorou notablemente. Dende o Sector de Ensino de UGT-SP, denunciamos que os datos proporcionados tanto pola Consellería de Sanidade como a de Educación son insuficientes e tardíos. Ademais con frecuencia ofrecen cifras parciais que non permiten facerse cunha dimensión obxectiva do empeoramento da situación satinaria na comunidade escolar. Estamos convencidos de que o novo protocolo se non empeora polo menos non aporta solucións na situación actual.

Por todo o exposto, en aras dunha maior transparencia, solicitamos que se nos proporcionen:

Datos de casos de COVID no profesorado por provincia e tipo de centro

Datos de casos de COVID no alumnado por provincia e tipo de centro

Recursos dispoñibles en cada centro (medidores CO2, máscaras, EPIs, aulas de illamento, tempo de ventilación).

Denunciamos tamén que dada a situación sanitaria na que nos atopamos débese actuar cos recursos necesarios por parte da Consellería:

-modificación do protocolo

-aumento da distancia  a metro e medio

-desdobres

-profesorado de reforzo

Por último, consideramos de xustiza que o colectivo docente, visiblemente exposto ó COVID, poida facer uso do permiso de deber inescusable cando precise permanecer cos fillos menores positivos ou en cuarentena.  A pesares da resposta que tivemos na última Mesa Sectorial na que se aludiu a problemas de “competencia” normativa para adoptar esta decisión, temos constancia de que noutras CCAA como Asturias, Andalucía e Cataluña, entre outras, si se está a aplicar este permiso neste senso. Quédanos, pois, considerar a falta de vontade política como explicación á absoluta indiferencia da Administración galega para cos seus docentes neste sentido.

Somos coñecedores de que non se está prevendo a falla de cobertura de efectivos en varias especialidades e a situación aínda empeora nos conservatorios de música. Somos coñecedores da sobrecarga dos docentes que teñen que duplicar as súas clases atendendo tamén de xeito telemático. Somos sen embargo ignorantes dos plans, se é que existen, que ten a Consellería ó respecto. Por que non se deixa cargar as vacantes coñecidas -por xubilación, matrimonio…- con antelación .

Por que aínda non se estableceu a reducción de dúas horas na carga lectiva dos docentes  para a axeitada atención das aulas virtuais e a elaboración dos materiais correspondentes? —Ignorámolo ou somos ignorados.—

É de xustiza que a Consellería deixe de inhibirse e ofreza datos claros e propostas contundentes para reconducir unha situación con medidas que xa non están nas mans dos docentes de xeito individual nin a nivel de  centro.

el de centro.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.