Sectores

UGT, CSIF E CC.OO. inician o traballo cos grupos parlamentarios no Congreso dos Deputados para a reactivación do Estatuto Básico de Bombeiros/as Forestais

A Unidade de Acción que formamos UGT, CC.OO. e CSIF mantivemos reunións cos Grupos Parlamentarios de PSOE e SUMAR no Congreso dos Deputados, como continuidade ao traballo iniciado co Ministerio de Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

Trasladámoslles que levamos traballando dúas lexislaturas que non é a primeira vez que un texto normativo decae en “saco roto”, e que seguiremos traballando para que o persoal bombeiro forestal teña un Estatuto Básico que regule a profesión e homoxeneice ao persoal e, con elo lograr unha mellora dos dispositivos de loita contra incendios forestais.

O obxectivo destas reunións foi unha primeira toma de contacto ante a próxima entrada no Congreso dos Deputados dun texto de Lei Básica do persoal Bombeiro Forestal para o seu trámite parlamentario.

Nas reunións mantidas cos grupos políticos, tamén lles aportamos aquelas cuestións que consideramos de vital importancia para o colectivo e que debería conter a futura Lei, e a importancia que ten que o Estatuto Básico sexa unha realidade canto antes.

Ambos partidos nos trasladaron o seu interese en que esta Lei saia adiante dada a importancia que ten regular unha cuestión esencial como son os incendios forestais e as condicións das persoas que nos dedicamos a esta actividade.

Durante as próximas semanas, seguiremos realizando reunións con todos os grupos parlamentarios, para seguir traballando de cheo en todo o trámite lexislativo.

INFORMA-T

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.